LÓPEZ-CHAVES MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, ENRIQUE LÓPEZ VEIGA

  • 30112015_ReunionDelegVigoPresiPuerto2O delegado territorial da Xunta en Vigo continúa coa rolda de contactos coas principais administracións da cidade
  • Agradeceu a reunión mantida co recen nomeado novo presidente do Porto e lembrou que aínda está á espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero

 

Vigo, 30 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un primeiro encontro institucional co novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

 

Dentro da rolda de contactos que o novo delegado da Xunta en Vigo está a ter coas principais institucións da cidade, López-Chaves trasladouse hoxe ata as oficinas centrais do Porto de Vigo para manter unha primeira reunión institucional co seu recen nomeado novo presidente co obxecto de facer un repaso de todos os temas nos que colaboran ambas administracións.

 

López-Chaves agradeceu expresamente a López Veiga o encontro tras solicitar a reunión de xeito institucional polo seu novo cargo coma delegado territorial da Xunta en Vigo e, neste senso, lembrou que aínda está a espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o pasado 21 de outubro. “Xa me reunín coa delegada do Estado para a Zona Franca, co xuíz decano, agora co presidente do Porto e o único que falta é o alcalde de Vigo, que sigo sen ter contestación e estou á espera para despachar coma co resto”, sinalou o delegado valorando a importancia que ten a colaboración e a cooperación entre administracións para que os proxectos saían adiante. No transcurso do encontro celebrado hoxe, Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria fixeron un repaso polos proxectos comúns.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: