O MÉRCORES 2 DE DECEMBRO, ENTREGA DOS PREMIOS DO II CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO

No transcurso do acto presentarase o libro cos traballos premiados e outros seleccionados.

Vigo, 30 de novembro de 2015.

O mércores 2 de decembro (20:00 horas, Auditorio Municipal de Vigo) celebrarase o acto de entrega dos premios do II certame de relatos Vigo Histórico. Ademais, presentarase en sociedad o segundo volumen do libro Relatos na rúa, que se editou cos relatos premiados e unha selección realizada polo xurado. Na gala farase un merecido recordo ao poeta galego, vigués de adopción, Carlos Oroza, recentemente falecido. La vida de un lápiz, de Julio Fernández Peláez, é o relato gañador desta segunda edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira en colaboración coa Asociación de Comerciantes Vigo Histórico, e a que se presentaron preto de 200 relatos de España e tamén do estranxeiro. O gañador recibirá un premio de 1.000 euros -dos que se deducirán automáticamente as retencións que estipula a leie unha colección de poesía e prosa. Ademais tamén se entregarán cinco accésit, que terán un premio de 200 euros e un pack da editorial Elvira. Cos premiados e outros relatos seleccionados (27 relatos en total) publicouse o libro Relatos na rúa, que terá unha tirada inicial de 1.500 exemplares, e que se presentará no transcurso desta gala, que será dirixida pola xornalista viguesa Noelia Otero, que foi tamén un dos membros do xurado. No acto de entrega dos premios contaremos coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez; entre outras autoridades.

II CERTAME DE RELATOS CURTOS VIGO HISTÓRICO

Gañador La vida de un lápiz Julio Fernández Peláez

Accésit Palillos de tambor Ricardo Cid Paz

Accésit A miña favorita Milagros Alonso Rodríguez

Accésit Os mariñeiros do Berbés e a serea errante Xosé Lois Ripalda González

Accésit Vigo visto desde abajo Julio Martínez Rodríguez

Accésit Rosalía Unplugged María Alonso Alonso

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: