A comedia dramática Pride, nova cita no ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

PRIDE

PRIDE

Vigo, 1 de decembro de 2015.- A comedia dramática inglesa Pride será a seguinte cita do ciclo Cine e Lingua organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria. Dirixida por Matthew Warchus e estreada en 2014 no Festival de Cannes, conta unha historia real na que un grupo de activistas lesbianas e homosexuais recadan fondos para axudar a familias afectadas pola folga mineira británica de 1984. Pero o Sindicato Nacional de Mineiros móstrase remiso a aceptar os cartos. Os activistas deciden entón levar o diñeiro recadado persoalmente ata unha pequena aldea mineira de Gales.

Entre o reparto atópanse Bill Nighy, Imelda Staunton e Dominic West.

O Ciclo de Cine e Lingua conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e proxectará ata decembro filmes en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán. Todas as longametraxes desta edición teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven situacións límite.

Presentará as películas e moderará o coloquio posterior o profesor Keith Payne.

 

CICLO CINE E LINGUA

Pride (Matthew Warchus, 2014)

 

Data:  2 de decembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: