A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SÚMASE A CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA O SIDA CUNHA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DO VIH EN COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS DE HOSTALERÍA DE GALICIA

  • A mocidade terá acceso a unha información clara e concisa sobre o VIH e a realización da proba rápida que realizan os técnicos do Quérote+
  • O Quérote+ traballan ao longo de todo o ano pola prevención de transmisión de Infeccións de Transmisión Sexual nos obradoiros que imparten nos centros de ensino de secundaria de toda Galicia

Santiago, 1 de decembro de 2015.- A Consellería de Política Social súmase a celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida que ten lugar hoxe, 1 de decembro. Deste xeito, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha unha campaña de información e concienciación sobre o VIH entre a mocidade, en colaboración coas asociacións de hostalería das catro provincias de Galicia.

 

A iniciativa consistirá na colocación nos locais asociados de maior uso por parte dos mozos dun adhesivo cun código QR que redirixirá á páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A mocidade terá acceso a unha información clara e concisa sobre o VIH e pode realizar a proba rápida. Dende que esta prestación se estableceu en 2011, foron preto de 3.000 os mozos e mozas que realizaron esta proba nos centros Quérote +.

 

Estas medidas póñense en marcha para axudar a deter a cadea de transmisións e favorecer a detección precoz, xa que o 46% dos novos diagnósticos de infección presentan diagnóstico tardío, segundo o informe de vixilancia epidemiolóxica da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

 

Os centros Quérote+ traballan ao longo de todo o ano pola prevención de transmisión de ITS (Infeccións de Transmisión Sexual) nos máis de 200 obradoiros que, con esta temática, se imparten cada ano nos centros de ensino de secundaria de toda Galicia.

 

Os días mundiais son días sinalados nos que visibilizar a realidade do VIH e manter os compromisos polo traballo coa mocidade na prevención da transmisión de infeccións coma a do VIH. Nesta liña, a Consellería de Política Social habilita mesas informativas en diferentes espazos da Comunidade galega.

 

Así, en Santiago os técnicos do Quérote + estarán no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e no Centro Sociocultural do Ensanche; na Coruña na Facultade de Ciencias da Educación e no Centro Universitario de Riazor; en Lugo no Complexo Xuvenil LUG II; en Ourense no Campus Universitario e na Facultade de Ciencias da Educación; e en Vigo no Colexio Mendiño.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: