JOSE MANUEL REY VARELA APOSTA POLA COLABORACIÓN CON ENTIDADES REFERENTES DO EIDO SOCIAL COMO A ONCE PARA MELLORAR ENTRE TODOS AS POLÍTICAS DE BENESTAR EN GALICIA

  • Ao redor de 80 profesionais adscritos á área de servizos sociais da ONCE en Galicia déronse cita neste encontro que se desenvolveu no Centro de Recursos Educativos que esta organización ten na cidade do Lérez
  • O titular do departamento autonómico de Política Social sinalou que a Xunta e a ONCE comparten o obxectivo fundamental de “dar resposta ás necesidades das persoas e, sobre todo, ás que son máis vulnerables”
  • Rey Varela avogou por intensificar a colaboración coas organizacións, entidades e axentes sociais que, como é o caso da ONCE, centran os seus esforzos no ámbito da discapacidade porque “as políticas sociais non se poden facer de costas á sociedade, senón todo o contrario”, dixo

 

 

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, participará no acto de apertura das I Jornadas de Servicios Sociales de ONCE-Galicia. No salón de actos do CRE da ONCE (rúa Luis Braille, 40). Haberá declaracións aos medios tras as intervencións. Enviarase nota de prensa.

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, participará no acto de apertura das I Jornadas de Servicios Sociales de ONCE-Galicia. No salón de actos do CRE da ONCE (rúa Luis Braille, 40). Haberá declaracións aos medios tras as intervencións. Enviarase nota de prensa.

Pontevedra, 1 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na inauguración das I Xornadas de Servizos Sociais para afiliados da ONCE Galicia, que tiveron lugar no Centro de Recursos Educativos que esta entidade ten en Pontevedra. Ao redor de 80 profesionais –psicólogos/as, técnicos/as en rehabilitación, traballadores/as sociais ou instrutores/as de braille, entre outros- déronse cita neste encontro, que tamén contou coa presenza da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez. Por parte da ONCE, entre os responsables que asistiron a este acto de apertura estiveron o presidente do Consello Territorial e o delegado territorial, Carlos José Fernández Lamigueiro e Manuel Martínez Pan, respectivamente.

 

Na súa intervención, Rey Varela referiuse á traxectoria de case 80 anos da ONCE na loita pola integración e na aposta polo benestar das persoas con discapacidade e as súas familias, tempo durante o que “ten conseguido que en España e en Galicia as persoas cegas ou con problemas graves de visión dispoñan dunha rede integrada e completa para atender as súas necesidades de desenvolvemento autónomo e inclusión social”. E ao fío disto, engadiu que “ademais de ter logrado converterse nun referente imprescindible no eido social, a ONCE é hoxe sinónimo de ilusión”.

 

Así mesmo, o titular da carteira de Política Social indicou que a Xunta “comparte coa ONCE un obxectivo fundamental polo que traballamos día tras día: dar resposta ás necesidades das persoas e, sobre todo, ás que son máis vulnerables”. Neste sentido, sinalou que entre as liñas de traballo da Consellería está a de intensificar a colaboración coas organizacións, entidades e axentes sociais que, como é o caso da ONCE, centran os seus esforzos no ámbito da discapacidade porque “as políticas sociais non se poden facer de costas á sociedade, senón todo o contrario”, dixo. Nesta liña, Rey Varela insistiu en que “dende a nova Consellería de Política Social estamos escoitando moito ás entidades do sector e vendo as marxes de mellora nas políticas sociais ás que o Goberno galego destinará en 2016 un 12% máis de recursos; e o importante é que este aumento orzamentario chegue ás familias e aos colectivos máis vulnerables”.

 

Accesibilidade

 

Rey Varela detallou algúns dos eixes estratéxicos que marcarán a actuación da Consellería de Política Social o vindeiro ano, como destinar máis recursos económicos ás entidades de iniciativa social, a convocatoria dunha liña de axuda para a posta en marcha dun programa para a eliminación de barreiras arquitectónicas, o aumento de prazas públicas para as persoas con discapacidade en colaboración directa coas entidades ou continuar co traballo de implantación da Lei de Accesibilidade, que entrou en vigor o pasado mes de marzo.

 

Por último, o responsable autonómico de Política Social recoñeceu o traballo dos profesionais de diversas especialidades que están adscritos á área de servizos sociais da ONCE en Galicia, un amplo equipo multidisciplinar que atende a máis de 3.700 persoas cegas ou con discapacidade visual grave que están afiliadas a esta organización na nosa Comunidade Autónoma.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: