CONCELLO DO PORRIÑO NADAL CLASICO
PROGRAMACIÓN DE NADAL CLÁSICO NO CONCELLO DO PORRIÑO
O Porriño, martes 1 de decembro.- Dentro da Programación de Nadal do Concello do Porriño, o víndeio venres, día 4 de decembro, ás 8 e media da tarde, na Igrexa Parroquial de Santa María ,dará comezo o ‘Ciclo Clásico de Nadal’ coa actuación da
soprano Patricia Blanco, acompañada ao piano por José Manuel Fernández
que interpretarán: Alfonso X O Sabio (1221-1284):Santa María strela do
día (Cantigas de Santa María); A. Vivaldi (1678-1741):Sposa son
disprezzata (Bajazet); G.F. Hândel (1685-1759): Lascia ch’io pianga
(Rinaldo); C. W. Gluck (1714-1787): O del mio dolce ardor (Paride ed
Elena); R. Hahn (1874-1947):Á Chloris; G. Caccini (1550-1618):Ave María;
A.Vivaldi (1678-1741): Domine Deus (Gloria)e Laudamuste (Gloria); F.
Schubert (1797-1828):Ave María; C. Franck (1822-1890):Panis Angelicus;
J.S. Bach (1818-1893):Ave María e as Panxoliñas: Adeste Fideles, Noite
de paz e White Christmas.
O 18 de decembro, á mesma hora, na Igrexa Parroquial de Santa María do
Porriño, terá lugar a actuación da Orquestra Clásica Divertimento,
creada en 1999 no seo da Asociación Cultural Divertimento co fin de
divulgar a música orquestral mediante a organización de concertos e
intercambios con outras asociacións.
Patricia Blanco
Obten o Título de Profesora Superior de Canto no
Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Perfecciona en Valencia a
súa formación técnica co mestre José Cuéllar e asiste a clases de
técnica vocal e interpretación con Ana Mª Fernaud, Helena Lazarska,
Emelina López, Fernando Eldoro, Marimí del Pozo e Ana Luisa Chova; de
repertorio e estilo con Alejandro Zabala, Borja Mariño e Félix Lavilla,
así como de escena lírica con Emilio Sagi, Ignacio García y Cesare
Buratti. Como beneficiaria do programa Erasmus, asiste a diversas
Masterclasses de cantantes como Rebeca Berg, Claudia Rondelli, Claudio
di Segno, Daniela Longhi ou Mattia Nicolini, así coma os repertoristas:
Paola Pisa, Rita lo Giudice e Andrea Dindo.
Patricia Blanco ofreceu concertos en España, Portugal, Italia e Turquía.
Entre o seu repertorio destacan os roles de Micaela (Bizet), Contessa e
Donna Anna (Mozart) o Liù e Magda (Puccini). Colabora coas bandas de son
orixinais dos filmes: “36 vistas da Torre de Hércules” e “Luis Seoane,
visualidade, recordo e síntese” de José Manuel Mouriño, en colaboración
coa Fundación Luis Seoane de A Coruña e o Ministerio de Cultura, e na
narración da película “Los días blancos”, que produce Madeleine
Producciones no ano 2010.
Na actualidade é profesora de canto do Conservatorio Superior de Música
de Vigo e doutora cum laude pola Universidad de Vigo coa tese titulada:
“La calidad de la postura corporal durante la ejecución musical”.
José Manuel Fernandez, comeza os seus estudos musicais no Conservatorio
de Orense con Rosa López de Castro, seguindo con eles en Vigo, Santiago
e Barcelona, traballando con Chang Rook Moon, Angel Gonzalez e Ludovica
Mosca, entre outros. Fixo cursos na Academia Franz List de
Budapest e na Juilliard School de Nueva York. Recibiu formación
pianística de Emmanuel Ferrer, Miguel Zanetti, Peter Bithell, Luiz de
Moura, Roberto Bravo, etc.
Jose M. Fernández
No ano 1989 prémiase o seu talento no concurso “Jóvenes Interpretes”,
celebrado en Vigo. Formó parte del grupo “Arco da Vella” entre 1991 y
1999, co que grabou tres discos e realizou numerosos conciertos en
España, Portugal, Franncia, Alemaña e Escocia. En 1995, xunto a Rafael
Cachafeiro, recibe un dos premios da Consellería de Cultura e realiza a
grabación de un CD que abrangu varias pezas composta por él mesmo.
A súa música acompaña curtametraxes, documentais e series de televisión,
acompaña cortometrajes, documentales y series de televisión. Forma parte
do grupo “Trasmundi”,xunto a Moisés Quintas e Rosa Gayoso, desde 1999
cos que graba os CD «Raianos» e «En tempos que se foron», dando
concertos por toda España. Dende 2010 participa en intercambios Erasmus
como docente e concertista cos conservatorios de Mantua, Milán, Trento,
Parma e Istambul.
É profesor de Piano e Música de Cámara no Conservatorio Superior de
Música de Vigo dende o ano1992. Foi vicedirector do mesmo entre 1995 e
2000, e director entre 2008 e 2013. É director artístico do concurso de
Piano de Vigo dende 2008. Na actualidade está a rematar a súa tese
doutoral sobre “Movementos laterais na técnica pianística” na
Universidade de Vigo. Colabora ca Orquestra Vigo 430 e con Auria TV.,
prepara conciertos e grabacións, e compón obras para diferentes
formacións instrumentais.
Orquestra de Cámara Divertimento
Comezou a súa actividade musical no conservatorio de Ponteareas baixo a
tutela de Margarita Joukova, Edita Shulman e Ruta Pozniakova. Desde o
seu primeiro ano, a orquestra realizou actuacións en lugares como
Barcelona, mediante intercambios culturais coa orquestra e coral da
Universidade Politécnica de Cataluña, en Penafiel (Portugal),
Pontevedra, O Porriño, Cangas, Redondela etc. Compartiron escenario con cantantes da talla de Teresa Novoa, Raquel Sestelo, Silvia Pinto, María João Matos, Iria Rodríguez, Xoan Abalde e Nuria Lorenzo entre outros. O seu repertorio é moi variado, dende obras clásicas, do barroco e clasicismo e outras de compositores de distintas
épocas como Verdi, Bizet, Mozart etc.
Na súa primeira etapa estivo dirixida por Ruta Pozniakova e dende 2006,
por Iminas Kucinskas. Na actualidade está composta por músicos de
Ponteareas, Vigo, Val Miñor e Redondela. Conta tamén coa colaboración
como concertino de Edita Shulman, cofundadora da orquestra. Esta
agrupación musical está incluída nos Plans Culturais da Deputación de
Pontevedra.