A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ 5,5 MILLÓNS DE EUROS NOS VINDEIROS CATRO ANOS AO ABEIRO DA ESTRATEXIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2015-2018 QUE VÉN DE SER APROBADA NO CONSELLO DE ACCIÓN VOLUNTARIA

  • Tras este trámite, o documento será trasladado ao Consello da Xunta
  • A Estratexia mantén a estrutura do III Plan galego de acción voluntaria (2011-2014) e desenvolve tres grandes áreas de traballo, nas que se engloban os distintos obxectivos estratéxicos da Lei 10/2011 de Acción Voluntaria de Galicia, aprobada por unanimidade parlamentaria
  • Cecilia Vázquez lembrou que no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia están inscritas un total de 869 entidades de acción voluntaria cun total de 38.887 persoas voluntarias colaboradoras

 

Santiago, 3 de decembro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu no día de hoxe a xuntanza do Consello Galego de Acción Voluntaria que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e onde se aprobou o ditame preceptivo da Estratexia de acción voluntaria 2015-2018. Ao abeiro deste documento, que será trasladado Consello da Xunta, a Consellería de Política Social investirá cinco millóns e medio de euros nos vindeiros catro anos en materia de promoción do voluntariado.

 

A Estratexia de acción voluntaria 2015-2018 mantén a estrutura do III Plan galego de acción voluntaria (2011-2014) e desenvolve tres grandes áreas de traballo, nas que se engloban os distintos obxectivos estratéxicos marcados pola Lei 10/2011 de Acción Voluntaria de Galicia, aprobada por unanimidade parlamentaria.

 

Deste xeito, o documento avoga por mellorar a calidade e cantidade de participación cidadá, en especial a de colectivos con maiores dificultades sociais, así como crear unha estrutura global de información e sensibilización da acción voluntaria.

 

Dentro desta estratexia que terá vixencia ata o ano 2018 destacan outros obxectivos como o de fortalecer ás entidades de acción voluntaria incrementando as axudas aos seus programas, a coordinación entre estas asociacións e o establecemento de novos programas de formación para os voluntarios e voluntarias, así como o reforzo da coordinación interadministrativa e interdepartamental.

 

869 entidades e preto de 40.000 voluntarios

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, anunciou no decurso do Consello que no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia están inscritas un total de 869 entidades de acción voluntaria que contan cun total de 38.887 persoas voluntarias colaboradoras.

 

Por outra banda, na Sección de experiencias do Rexistro están depositadas 1557 experiencias das persoas voluntarias. Galicia é pioneira na certificación oficial da experiencia voluntaria, grazas á creación deste rexistro. Esta certificación enriquece os currículos dos voluntarios e axuda a mellorar, polo tanto, as súas oportunidades de acceder a un posto de traballo.

 

Cecilia Vázquez fixo un chamamento a todas as entidades galegas para que inscriban neste rexistro as experiencias dos seus voluntarios e voluntarias, e así poder certificar a súa colaboración nos programas de voluntariado.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: