O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL OFRECE AO ALCALDE DE FERROL MELLORAS EN EQUIPAMENTOS E SERVIZOS SOCIAIS E UN PROGRAMA PILOTO DE INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA NO BARRIO DE RECIMIL

  • Rey Varela propuxo ao rexedor ferrolán un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa piloto en Recimil, dirixido a promover o desenvolvemento social e educativo do neno e da nena no seu contexto familiar, escolar e social.

    jose manuel rey varela recibe ao alcalde de ferrol

    jose manuel rey varela recibe ao alcalde de ferrol

  • Ademais, a Xunta de Galicia licitará antes de que remate este mes decembro obras de mellora na Residencia de Maiores de Caranza e no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa
  • Así mesmo, o titular da carteira autonómica de Política Social tamén ofreceu ao dirixente local a posibilidade de incrementar as horas de atención a persoas con dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

 

Santiago, 2 de decembro de 2015.- A Consellería de Política Social dará un impulso aos servizos e equipamentos que están en funcionamento en Ferrol e que son de titularidade da Xunta de Galicia. O incremento das horas do Servizo de Atención no Fogar (SAF), as melloras no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) Souto de Leixa e na Residencia de Maiores de Caranza, o ofrecemento de financiamento para programas de voluntariado ou o desenvolvemento dun programa piloto de carácter sociocomunitario no barrio de Recimil, son algunhas das propostas que José Manuel Rey Varela expuxo esta tarde ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, na xuntanza que ambos mandatarios tiveron esta tarde en San Caetano e que se enmarca na rolda de entrevistas que o conselleiro está a manter cos rexedores dos municipios galegos.

 

No que atinxe á Residencia de Maiores de Caranza, o titular da carteira autonómica de Política Social informou ao primeiro edil ferrolán que as obras de reforma desta infraestrutura  se licitarán antes de que remate este mes de decembro, o que permitirá acometer as mesmas ao longo do vindeiro ano. Máis dun millóns de euros investirá a Xunta de Galicia nesta actuación, que está recollida nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2016 e que afectará ás plantas sexta e sétima deste centro residencial. O proxecto de execución de obra elaborado pola Consellería conta xa co visto e prace da administración local.

 

En canto ao CAPD Souto de Leixa, a outro equipamento  que é de titularidade autonómica, Rey Varela avanzou a Jorge Suárez dúas novidades. A primeira é que a partir deste venres retomarase a actividade do vaso terapéutico, que os usuarios deste centro poderán usar ao longo de todo o curso –de outubro a xuño-, tras o acordo ao que chegaron o pasado mes de novembro a Consellería de Política Social e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. E o segundo anunciou que o conselleiro lle comunicou ao alcalde de Ferrol ao respecto deste centro ten ver coas obras de mellora e mantemento que se acometerán no mesmo o vindeiro ano, e que se están a planificar de acordo coa comunidade do Souto de Leixa. Os técnicos da Consellería xa inspeccionaron o centro para avaliar as necesidades que ten e teñen realizada unha memoria valorada da actuación.

 

Reforzo dos servizos sociais

 

Ademais da mellora de equipamentos, Rey Varela ofreceu ao mandatario local a posibilidade de incrementar as horas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar, dirixido a persoas en situación de dependencia; así como reforzar o persoal adscrito aos servizos comunitarios de Ferrol.

 

En canto aos 25 contratos financiados pola administración autonómica dentro da RISGA e que rematan mañá, o conselleiro informoulle que todos as persoas beneficiarias dos mesmos teñen dereito a prestación e non terán que agardar por ela un ano tal e como sucede en toda Galicia, salvo que teñan algún impedimento de carácter persoal.

 

Programa piloto en Recimil

 

E por último, o conselleiro de Política Social ofreceu ao alcalde de Ferrol a posibilidade de asinar un convenio de colaboración de tres anos de duración para poñer en marcha en Recimil un programa de intervención sociocomunitaria. Esta acción de carácter piloto está dirixida á infancia e ás súas familias, e beneficiaranse anualmente 50 familias residentes no barrio.

 

O programa consiste nunha actuación integral coas familias que abrangue diferentes actuacións, dende apoio económico para a alimentación e hixiene infantil ata o reforzo educativo ou atención terapéutica persoal e familiar. O obxectivo deste plan sociocomunitario é favorecer o desenvolvemento social e educativo do neno e da nena no seu contexto familiar, escolar e social.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: