Archivo | diciembre 3, 2015

MARISOL PIÑEIRO PRESENTA A SÚA RENUNCIA COMO DEPUTADA DO GRUPO POPULAR

Logo de que esta tarde se coñecera que o TSXG desestimara o recurso de apelación interposto contra o anterior auto de procesamento

 

  • Amosou o “convencemento da miña inocencia nun asunto de marcado carácter administrativo no que a miña intervención foi meramente circunstancial pola enfermidade do alcalde”

Santiago, 2 de decembro de 2015.- A deputada do Grupo Popular Marisol Piñeiro presentou esta tarde a súa renuncia logo de coñecer o auto da Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que desestima o recurso de apelación que interpuxo contra o auto de procesamento

Marisol Piñeiro decidiu presentar a súa “renuncia á acta de deputada de xeito inmediato co convencemento da miña inocencia nun asunto de marcado carácter administrativo no que a miña intervención foi meramente circunstancial pola enfermidade do alcalde, e para poder afrontar a miña defensa da mellor forma posible e como calquera outro cidadán”.

 

O MELLOR PARA O PARLAMENTO

 

Así mesmo, Piñeiro indicou que con este renuncia manifesta “o gran respecto que lle teño ao Parlamento de Galicia, representante da vontade popular de todos os galegos, e convencida de que é o mellor que podo facer por esta institución”.

 

“Ademais, non quero que esta decisión do TSXG sobre a miña persoa supoña unha rémora para o Grupo Parlamentario e o Partido Popular, aos que agradezo a confianza que teñen depositado en min todos estes anos e o apoio co que sempre me arrouparon, en especial nestes duros momentos”, apuntou.

Pola súa banda, o Grupo Parlamentario Popular quere por de manifesto o excelente traballo desenvolvido por Marisol Piñeiro durante a súa etapa como deputada, e confía que a súa inocencia quede demostrada o antes posible nos tribunais.

 

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA AVANZA MELLORAS NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS TRABALLADORES PÚBLICOS DEPENTES DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

  • Asegurou que as novas quendas para o ano 2016 reducirán de 7 a 5 o número máximo de días consecutivos a cubrir por parte dos traballadores
  • Destacou a mellora e os avances acadados en materia de infraestruturas e adiantou obras no CAPD da Coruña por importe de 400.000 euros para mellorar as condicións de habitabilidade do centro

Santiago, 2 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, avanzou esta tarde no Parlamento de Galicia a vontade do Goberno galego de mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras públicos dependentes da Consellería de Política Social para o vindeiro ano 2016. O responsable de Política Social do executivo que preside Alberto Núñez Feijoo explicou que a nova proposta de quendas entregada aos representantes dos traballadores contempla, entre outras melloras, a redución de 7 a 5 do número de días consecutivos a cubrir por parte dos traballadores. Unha medida, dixo Rey Varela, que “mellorará considerablemente as súas condicións laborais e redundará na conciliación da vida laboral e familiar”. “En todo caso –  insistiu –  no ámbito da negociación intentaremos chegar aos oportunos acordos para que as carteleiras do vindeiro ano sexan o máis equilibradas posible”.

 

O conselleiro de Política Social lembrou que froito do incremento de postos de traballo na RPT da Consellería de Política Social tras un proceso de negociación entre as organizacións sindicais e os representantes da Administración autonómica, a través de diversas xuntanzas mantidas ao longo do ano, se acadaba a creación de 155 novos postos de traballo que incidirán directamente na mellora das posibilidades de conciliación da vida profesional e persoal dos traballadores. Dentro destes 155 postos de traballo foron creados 68 novos postos de auxiliares de enfermería, 26 de coidadores ou 27 de camareiro limpador. E, ao fío disto, José Manuel Rey Varela, indicou que ademais de incrementar os postos de traballo, a Xunta de Galicia está a facer un importante esforzo para cubrir as diferentes ausencias co obxecto de que as ratios de persoal legalmente establecidas queden sempre cubertas.

 

Mellora das infraestruturas e dos equipamentos

 

O titular de Política Social no Goberno autonómico tamén adiantou que a Xunta de Galicia levará a cabo obras de mellora no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña, nomeadamente a demolición do edificio G e a reconstrución do viario de acceso derrubado, así como actuacións para mellorar as condicións de habitabilidade do propio edificio. Para a primeira das intervencións, a Consellería de Política Social xa ten iniciada a tramitación do expediente de contratación das obras por un importe de 479.850,51€ e un prazo de execución inicialmente previsto de 9 meses; mentres que a segunda ten comprometida unha reserva nos orzamentos de 2016 ata o límite de 400.000 €.

 

Finalmente, o conselleiro de Política Social explicou que en materia  de equipamento, a Xunta de Galicia ten adquirido 49 guindastres de elevación e bipedestación destinados a 11 centros por un importe de 92.154,11 € e que serán entregados nos próximos días. Asemade, se incorporaron 415 camas eléctricas, 287 mesiñas sanitarias e 24 padiolas de ducha para baños xeriátricos para un total de 19 centros. O importe total deste equipamento que xa está instalado nos centros destinatarios ascendeu a 387.275,68 euros. E, coa previsión de incorporación antes de que remate o ano, a Consellería de Política Social ten previsto subministrar 923 colchóns sanitarios viscoelásticos e 1.322 almofadas viscoelásticas para diversos centros da Consellería de Política Social. O presuposto de licitación é de 209.798,05 €.

 

 

FEIJÓO PARTICIPA NO ENCONTRO DE TRABALLO COAS ENTIDADES DO CERMI PARA REFORZAR O COMPROMISO DO GOBERNO AUTONÓMICO COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A xuntanza serviu para avanzar no desenvolvemento da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta o pasado día 5 de novembro; así como para detallar o plan de traballo que a administración galega e o CERMI levarán a cabo conxuntamente o vindeiro ano 2016
  • A reunión coincide coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra na xornada de mañá xoves

 

Alberto Nœ–ez Feij—o, acompa–ado polo conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ unha xuntanza con membros do ComitŽ de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia)

Alberto Nœ–ez Feij—o, acompa–ado polo conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ unha xuntanza con membros do ComitŽ de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia)

Santiago, 2 de decembro de 2015.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe en San Caetano nunha xuntanza de traballo coas entidades e federacións que forman parte do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi-Galicia), para por de manifesto o firme compromiso de todo o Goberno galego cos dereitos e integración plena deste colectivo que mañá xoves conmemora o seu día internacional. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, tamén acudiron a este encontro en que se abordou o plan de traballo que de cara ao 2016 a administración autonómica levará a cabo conxuntamente con Cermi-Galicia.

 

Ao remate da reunión, o titular autonómico da carteira de Política Social sinalou en declaracións aos medios de comunicación que “hai moitas maneiras de celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, pero a Xunta e o Cermi coincidimos en que a mellor maneira de facelo é traballando, porque para nosoutros as persoas con discapacidade son unha prioridade os 365 días do ano”. Así mesmo, o conselleiro destacou o papel fundamental do Cermi Galicia “como instrumento fundamental de participación e para darlle voz a este colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e para conseguir a súa plena integración social”. E, ao fío disto, engadiu que o compromiso da Xunta de Galicia coas políticas sociais e, máis en concreto, con este sector “non queda soamente nas palabras como o demostra o incremento nun 20% da partida económica destinada ás entidades que integran o Cermi Galicia, acadando en 2016 un importe de 3,6 millóns de euros”.

 

Ademais, Rey Varela explicou que na xuntanza de hoxe repasáronse os pasos que se están dando para o desenvolvemento da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, a cal foi aprobada no Consello da Xunta do pasado día 5 de novembro. Neste sentido, estanse mantendo reunións con todos os departamentos da Xunta nas que tamén participan representantes do Cermi Galicia coa finalidade de planificar a súa implantación, cun cronograma e con medidas detalladas. Trátase dunha folla de ruta para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade que ten carácter transversal e que responde a seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

 

Reunións mensuais

 

A Consellería de Política Social e as entidades do CERMI pecharon, así mesmo, un calendario de traballo que permita avanzar na implantación desta Estratexia e nas novas liñas de actuación a poñer en marcha, nomeadamente no ámbito da accesibilidade universal. Ao fío disto, a administración autonómica convocará o vindeiro ano novas axudas cofinanciadas con fondos europeos dirixidas á promoción da accesibilidade e a supresión de barreiras. Esta convocatoria, que se activará en colaboración cos concellos, terá carácter plurianual e un orzamento global de 900.000 euros. Estas reunións de seguimento da Estratexia serán mensuais, e o propio conselleiro participará cada tres meses nas mesmas.

 

O presidente do Cermi Galicia, Anxo Queiruga Vila, amosou a súa satisfacción polo encontro de hoxe e pola asistencia ao mesmo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xa que “coincidimos en que as políticas sociais dirixidas ás persoas discapacitadas teñen que ser transversais e, polo tanto, comprometer a todas as áreas do Goberno e non exclusivamente a unha Consellería”.

EMPRESAS E INVESTIGADORES GALLEGOS SE INTERESAN EN VIGO POR LAS VENTAJAS QUE OFRECE EL PROGRAMA CONECTA PEME PARA EL DESARROLLO DE SUS PROYECTOS DE I+D+i

SONY DSC

SONY DSC

SONY DSC

SONY DSC

Más de medio centenar de empresarios e investigadores gallegos participaron en la jornada organizada por la Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración con la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA), para dar a conocer las novedades de la tercera edición del Programa Conecta Peme, la convocatoria de innovación más importante puesta en marcha por la Xunta de Galicia, que ha incrementado su presupuesto un 80% con respecto a la primera edición.

 

Pies de fotos:

 

Foto 1 (de izquierda a derecha):Elena Polo, técnica del Área de Servicios de GAIN; Javier Doval, coordinador de ATIGA; y Teresa Bernal, jefa del Departamento de Servicios y del Observatorio de Innovación de GAIN.

Foto 2: empresas participantes en la ronda de reuniones bilaterales.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINUA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS “PARA XUNTAR ESFORZOS E OPTIMIZAR RECURSOS QUE REDUNDEN NA MELLORA DO BENESTAR DOS GALEGOS E AS GALEGAS”

  • Jose Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá coa rexedora de Marín, María Ramallo Vázquez, coa que repasou as actuais vías de colaboración entre as dúas administracións no eido social

 

jose manuel rey manten un encontro coa alcaldesa de marin

jose manuel rey manten un encontro coa alcaldesa de marin

Santiago, 3 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “xuntar esforzos e optimizar recursos é  o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”. O responsable das políticas sociais do Goberno autonómico realizaba estas declaracións logo de manter un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez. Unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela logo do seu nomeamento como conselleiro de Política Social.

 

Así as cousas, a rexedora pontevedresa e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio marinense; nomeadamente da inminente apertura da Escola Infantil do Seixo e do notable incremento no número de dependentes atendidos a través do Servizo de Axuda no Fogar. Así mesmo, Jose Manuel Rey Varela e María Ramallo tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na ría de Pontevedra.

Programação de Natal da Eurocidade Valença Tui

A Eurocidade Valença Tui convida órgão de comunicação que Vª Excia representa para a apresentação da programação de Natal da Eurocidade que terá lugar amanhã, quinta-feira, 3 de dezembro, às 11h30 (PT) na Pousada de São Teotónio, em Valença.

O ato contará com a presença do Presidente da Câmara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e o Alcalde do Concello de Tui Enrique Cabaleiro Gonzalez.

3 de dezembro, às 11h30

Pousada de São Teotónio

Baluarte do Socorro

Fortaleza de Valença