A XUNTA E OS COLEXIOS DE AVOGADOS DE GALICIA ACORDAN COLABORAR PARA POÑER AS MEDIDAS AUTONÓMICAS FRONTE AOS DESAFIUZAMENTOS Á DISPOSICIÓN DOS QUE O PRECISAN

 

  1. Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia, que estableceu medidas para evitar os desafiuzamentos nas vivendas de promoción pública e permitir a dación en pago nas vivendas protexidas.
  1. Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, aprobado polo Consello da Xunta o 5 de decembro de 2012 e que segue en vigor. Ten por finalidade dar cobertura a todas as persoas que perdan a súa única vivenda nun procedemento de execución hipotecaria, soliciten a inclusión no programa e teñan uns ingresos ponderados inferiores a 2,5 veces o IPREM.
  1. Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP, asinado o 8 de abril de 2013, co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar os casos de especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento de vivenda familiar e adoptar medidas de carácter social e de realoxo que evite os efectos da perda de vivenda
  1. Programa Reconduce, posto en marcha o 3 de outubro de 2013, cun enfoque preventivo e coa finalidade de crear un marco de coordinación dos servizos das diferentes consellerías que se poñen a disposición para dar apoio ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento.
  1. Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, aprobado polo Consello da Xunta o 12 de febreiro de 2015, que pretende facilitar o acceso á vivenda ás familias que máis o necesitan e que inclúe unha serie de medidas tendentes a reforzar o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias.
  1. Convenio coa Sareb, asinado no marco do Plan RehaVIta o 17 d marzo de 2015, co obxecto de que o IGVS poda dispoñer de vivendas desta sociedade con destino a aluguer social para as persoas con maiores dificultades e de forma especial para os afectados por execucións hipotecarias.
  1. Convenios de colaboración con varias entidades financeiras coa finalidade de solucionar as necesidades residenciais de persoas afectadas por execucións hipotecarias. Os convenios asináronse con Abanca o 6 de xullo de 2015, Caixa Rural Galega o 7 de xullo, e Banco de Sabadell en setembro de 2015, e previsiblemente se adherirán máis entidades.

As entidades comprométense a non desaloxar vivendas sometidas a execución hipotecaria, permitindo aos afectados continuar nas mesmas en réxime de aluguer social e, por outra parte, ceden vivendas baleiras da súa propiedade para aluguer social.

  1. Convenio co Valedor do Pobo para canalizar as posibles situacións de especial necesidade de vivenda de tal xeito que puideran ser avaliadas e, no seu caso, atendidas de forma inmediata polo IGVS.
  1. Bono de Aluguer Social, aprobado polo Consello da Xunta en agosto de 2015, que facilita apoio urxente, inmediato e puntual a familias que precisen dunha especial atención pola perda da vivenda habitual en réxime de aluguer ante a imposibilidade de facer fronte ao pagamento da renda.

O Bono de Aluguer Social consiste nunha axuda de 150 euros mensuais durante doce meses, prorrogables por outros doce. E ademais, disporán tamén dunha axuda única de 450 euros para facer fronte a pagos atrasados ou aos gastos de formalización dun novo contrato.

  1. Censo de Vivendas Baleiras, que se implantará en 2016 e permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

One response to “A XUNTA E OS COLEXIOS DE AVOGADOS DE GALICIA ACORDAN COLABORAR PARA POÑER AS MEDIDAS AUTONÓMICAS FRONTE AOS DESAFIUZAMENTOS Á DISPOSICIÓN DOS QUE O PRECISAN”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: