GALICIA PERCIBIRÁ 85 MILLÓNS DE EUROS ADICIONAIS PARA INVESTIMENTOS GRAZAS AO CUMPRIMENTO DO DÉFICIT
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez asinou un convenio de colaboración co secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta para o financiamento de investimentos
- Valeriano Martínez subliñou que Galicia aporta solvencia e credibilidade ao conxunto de España
- Explicou que a Xunta aposta por un modelo de ‘crecemento san’ baseado no control do déficit e da débeda, na blindaxe do gasto social, no esforzo investidor, e no a provedores con axilidade
- Sinalou que Galicia seguirá neste camiño porque é a mellor ferramenta para consolidar o crecemento económico e que este chegue a todos os fogares