Último mes para visitar a mostra da Colección de Arte ABANCA «Tradición, cambio e innovación»
A mostra da Colección de Arte ABANCA, «Tradición, cambio e innovación», que visitaron xa case 9000 persoas, permanecerá aberta na Sede de Afundación en Vigo ata o próximo 30 de decembro, de martes a domingo, de 18.00 a 21.00 h. A proposta reúne un centenar de creacións de artistas galegos, españois e internacionais que co seu traballo definiron a arte do século XX e sentaron as bases cara ás que se dirixe a arte actual.