Archive | diciembre 7, 2015

A XUNTA DE GALICIA ABORDA NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN NO EIDO SOCIAL NOS CONCELLOS DE O BOLO E CAMBADOS

  • O titular da carteira autonómica de Política Social trata co rexedor de O Bolo, Manuel Corzo Macías, o incremento da atención a persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que subiu 70 horas este ano até chegar ás 781 horas
  • Rey Varela e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma, abordan o remate das obras do centro de día desta localidade pontevedresa, que ofertará 40 novas prazas públicas.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de Cambados, F‡tima Abal Roma.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de Cambados, F‡tima Abal Roma.

  • O conselleiro insistiu na necesidade de “xuntar esforzos e optimizar recursos, como o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”

 

Santiago, 7 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, estudou novas vías de colaboración co alcalde e alcaldesa dos municipios de O Bolo e Cambados, Manuel Corzo Macías e Fátima Abal Roma, respectivamente, cos que se entrevistou esta mañá no seu despacho de San Caetano. Estas entrevistas enmárcanse na rolda de contactos que Rey Varela está a manter cos rexedores dos concellos de Galicia coa finalidade de coñecer de primeira man as necesidades e a situación dos servizos e atencións sociais en cada un deles; así como de expoñer as liñas estratéxicas que guiarán a actuación da Consellería de Política Social ao longo do vindeiro ano.

 

Así, o titular da carteira autonómica de Política Social abordou co primeiro edil de O Bolo a mellora nos servizos de atención ás persoas que teñen recoñecido algún grao de dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que este ano ano se incrementou en 70 horas até chegar a un total de 781 horas. Ademais, cómpre lembrar que este municipio de Ourense conta cunha residencia de iniciativa social con 54 prazas, das cales 13 son financiadas con fondos públicos.

 

No que atinxe á xuntanza coa rexedora de Cambados, Fátima Abal Roma, un dos asuntos que abordaron ambos dirixente foi a construción do centro de día desta localidade pontevedresa. A Xunta de Galicia investiu 800.000 euros nesta nova infraestrutura social que dispón de 40 prazas públicas e que está practicamente rematado a falta de que se complete o seu equipamento e se formalice a súa adhesión ao Consorcio por parte do Concello. Nesta liña, ambas Administracións acordaron a folla de ruta para a apertura desta importante infraestrutura social ao longo de 2016.

 

Diálogo aberto e permanente cos concellos

Rey Varela insistiu, tras manter estes dous encontros, na necesidade de “xuntar esforzos e optimizar recursos, como o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”. Neste sentido, o conselleiro avogou por intensificar a colaboración cos entes locais posto que “os servizos sociais non son nin da Xunta nin dos concellos, senón que son de todos os galegos e galegas”.

 

Precisamente, mellorar a coordinación coas administracións locais no desenvolvemento de políticas sociais é un dos eixes estratéxicos da Consellería, que nos seus orzamentos de 2016 multiplica por dous a orde destinada aos concellos, chegando esta aos 3,4 millóns de euros fronte aos 1,7 millóns deste ano.

Afundación clausura a súa tempada de teatro con El hijo de la novia en Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) clausura a súa tempada de teatro coa obra El hijo de la novia, unha adaptación de Garbi Losada e José Antonio Vitoria da película de Fernando Castets e Juan J. Campanella do mesmo nome. A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, terá lugar os próximos días 15 e 16 de decembro ás 20.30 h. en Vigo e Pontevedra, respectivamente. As entradas están á venda en www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas, que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ABORDA NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN MISELA QUE ATENDE A PERSOAS CON DISCAPACIDADE DAS COMARCAS DE NOIA E MUROS

  • Rey Varela destacou o traballo que desenvolve Misela na promoción da autonomía persoal e a integración das persoas con discapacidade a través das 20 prazas das que dispón no seu centro de día e as outras dez coas que conta o seu centro ocupacional

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase con responsables da Asociaci—n Misela (Asociaci—n das persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros).

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase con responsables da Asociaci—n Misela (Asociaci—n das persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros).

Santiago, 7 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza con responsables da Asociación de Persoas con Discapacidade das comarcas de Noia e Muros (Misela), co obxectivo de coñecer de primeira man os programas que desenvolven así como estudar novas vías de colaboración. Este encontro, no que tamén participou a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da serie de entrevistas que Rey Varela está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito da atención e os servizos sociais.

 

Rey Varela destacou o traballo que realiza Misela, que dispón dun centro de día con 20 prazas e un centro ocupacional con outras dez nos que atenden a persoas con discapacidade dos municipios de Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros. A nivel autonómico, esta asociación é membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que o vindeiro ano verá incrementada en case un 30% o convenio de colaboración que mantén coa Consellería de Política Social. Así, a achega da Xunta de Galicia á devandita confederación chegará en 2016 a unha contía de  946.000 euros fronte aos 731.398 do presente exercicio de 2015.

 

Así mesmo, o conselleiro incidiu en que a Xunta e a Asociación Misela comparten o obxectivo de “promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral; así como apoiar ás súas familias”. Entre as actividades que desenvolve Misela destaca a aula ocupacional e conta tamén cun equipo de desenvolvemento infantil e atención temperá.

 

Atención máis especializada

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á discapaciade, polo que ten unha maior especialización e programas concretos para todos os colectivos diferentes como alzhéimer, parálise ou dano cerebral, trastorno do espectro autista, enfermidade mental ou intelectual.

 

Ademais, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou máis de 17 millóns de euros o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros, sendo o orzamento consignado en 2015 de 264 millóns de euros. Para o vindeiro exercicio 2016, no que atinxe a atención ás persoas con discapacidade, a Consellería de Política Social pon en marcha novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de produtos de apoio e axudas individuais destinado a adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Ademais, en 2016 reforzarase nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

GAIN Y ATIGA PRESENTAN EN O PORRIÑO LAS NOVEDADES DE LA TERCERA CONVOCATORIA DEL PROGRAMA CONECTA PEME

  • Durante el encuentro se analizarán los requisitos de participación en la nueva convocatoria de la Xunta de Galicia dotada con 25 millones de euros y que movilizará un total 40 millones de euros en 50 proyectos liderados por cerca de 200 pymes de la Comunidad.

Vigo, 7 de diciembre de 2015.- El próximo miércoles, 9 de diciembre, a partir de las 10:30 horas, la Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración con la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA), organiza en el Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN Centro Tecnológico, en O Porriño, un nuevo taller de trabajo para presentar a las empresas gallegas las principales novedades que incluirá la tercera edición Programa Conecta Peme, impulsado por la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.

Durante la sesión, se analizarán los requisitos de participación en esta convocatoria, dotada con 25 millones de euros y que movilizará un total 40 millones de euros en 50 proyectos liderados por cerca de 200 pymes de la Comunidad.

Asimismo, técnicos especializados de GAIN ofrecerán asesoramiento personalizado a las empresas que deseen resolver sus dudas acerca de la presentación de proyectos a esta iniciativa.

Programa

10.30 h. Bienvenida

  • Joaquín Vázquez – Director Comercial – AIMEN Centro Tecnológico

 

  • Proyección del Vídeo resultados Conecta Peme 2013-2014

 

10.45 h. Principales novedades de la 3ª Edición – ¿Cómo se prepara?-¿Cómo se gana?

  • Elena Polo Prieto – Técnica del Área de Servicios – Axencia Galega de Innovación (GAIN)

 

11.45 h. Café Networking

Reuniones bilaterales:

10:30h. – 14:30h. Reuniones bilaterales con técnicos del Área de Servicios de la GAIN

«Noiteboa» en Pontevedra.

Redrum adiántase ao Nadal en Pontevedra co seu espectáculo “Noiteboa”

Está protagonizado por Mela Casal, Ernesto Chao e o pontevedrés Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño.

Este xoves 10 de decembro, o Teatro Principal de Pontevedra, acollerá, a partir das 21:00 h, unha representación do espectáculo “Noiteboa” da compañía Redrum Teatro.

Producido co apoio da Xunta de Galicia e estreada cun grandísimo éxito o pasado mes de setembro no Teatro Principal de Santiago, “Noiteboa” é unha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro en Compostela.

“Unha data marcada polo reincidente roubo do neno Xesús da Praza do Obradoiro, un feito que acompañará aos nosos peculiares protagonistas durante a tradicional cea familiar. Unha reunión onde priman as aparencias e o máis inesperado pode tornarse realidade. Unha noite chea de risos, de ilusións e de segundas oportunidades que sen dúbida os cambiará para sempre”.

Está protagonizado polos actores Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series míticas da TVG como “Mareas Vivas” ou “Pratos Combinados”.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima “Schimbare», unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase da sexta produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión”, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares “Moito Conto» e “Roedores”,  así  como as comedias “Curriculum Vitae”, con Mónica García e Guillermo Carbajo, e  “Amor Flexible”, protagonizada por Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa.

As entradas do espectáculo poden adquirirse a través do portal ataquilla.com, cun prezo xeral de 8€ e de 4€ para estudantes, xubilados e parados.