A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ABORDA NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN MISELA QUE ATENDE A PERSOAS CON DISCAPACIDADE DAS COMARCAS DE NOIA E MUROS

  • Rey Varela destacou o traballo que desenvolve Misela na promoción da autonomía persoal e a integración das persoas con discapacidade a través das 20 prazas das que dispón no seu centro de día e as outras dez coas que conta o seu centro ocupacional

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase con responsables da Asociaci—n Misela (Asociaci—n das persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros).

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase con responsables da Asociaci—n Misela (Asociaci—n das persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros).

Santiago, 7 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza con responsables da Asociación de Persoas con Discapacidade das comarcas de Noia e Muros (Misela), co obxectivo de coñecer de primeira man os programas que desenvolven así como estudar novas vías de colaboración. Este encontro, no que tamén participou a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da serie de entrevistas que Rey Varela está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito da atención e os servizos sociais.

 

Rey Varela destacou o traballo que realiza Misela, que dispón dun centro de día con 20 prazas e un centro ocupacional con outras dez nos que atenden a persoas con discapacidade dos municipios de Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros. A nivel autonómico, esta asociación é membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que o vindeiro ano verá incrementada en case un 30% o convenio de colaboración que mantén coa Consellería de Política Social. Así, a achega da Xunta de Galicia á devandita confederación chegará en 2016 a unha contía de  946.000 euros fronte aos 731.398 do presente exercicio de 2015.

 

Así mesmo, o conselleiro incidiu en que a Xunta e a Asociación Misela comparten o obxectivo de “promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral; así como apoiar ás súas familias”. Entre as actividades que desenvolve Misela destaca a aula ocupacional e conta tamén cun equipo de desenvolvemento infantil e atención temperá.

 

Atención máis especializada

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á discapaciade, polo que ten unha maior especialización e programas concretos para todos os colectivos diferentes como alzhéimer, parálise ou dano cerebral, trastorno do espectro autista, enfermidade mental ou intelectual.

 

Ademais, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou máis de 17 millóns de euros o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros, sendo o orzamento consignado en 2015 de 264 millóns de euros. Para o vindeiro exercicio 2016, no que atinxe a atención ás persoas con discapacidade, a Consellería de Política Social pon en marcha novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de produtos de apoio e axudas individuais destinado a adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Ademais, en 2016 reforzarase nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: