“Noiteboa” en Pontevedra.

Redrum adiántase ao Nadal en Pontevedra co seu espectáculo “Noiteboa”

Está protagonizado por Mela Casal, Ernesto Chao e o pontevedrés Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño.

Este xoves 10 de decembro, o Teatro Principal de Pontevedra, acollerá, a partir das 21:00 h, unha representación do espectáculo “Noiteboa” da compañía Redrum Teatro.

Producido co apoio da Xunta de Galicia e estreada cun grandísimo éxito o pasado mes de setembro no Teatro Principal de Santiago, “Noiteboa” é unha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro en Compostela.

“Unha data marcada polo reincidente roubo do neno Xesús da Praza do Obradoiro, un feito que acompañará aos nosos peculiares protagonistas durante a tradicional cea familiar. Unha reunión onde priman as aparencias e o máis inesperado pode tornarse realidade. Unha noite chea de risos, de ilusións e de segundas oportunidades que sen dúbida os cambiará para sempre”.

Está protagonizado polos actores Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series míticas da TVG como “Mareas Vivas” ou “Pratos Combinados”.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima “Schimbare”, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase da sexta produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión”, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares “Moito Conto” e “Roedores”,  así  como as comedias “Curriculum Vitae”, con Mónica García e Guillermo Carbajo, e  “Amor Flexible”, protagonizada por Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa.

As entradas do espectáculo poden adquirirse a través do portal ataquilla.com, cun prezo xeral de 8€ e de 4€ para estudantes, xubilados e parados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: