A XUNTA AUMENTA NUN 10% A SÚA COLABORACIÓN CO FOGAR SOR EUSEBIA, QUE NA ACTUALIDADE ACOLLE A 60 PERSOAS SEN TEITO

  • A Coruña  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará o Hogar Santa Eusebia, onde manterá un encontro co equipo directivo. No Lugar de Mazaido, 38, Ben 09/12/2015 Foto: Moncho Fuentes / AGN

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará o Hogar Santa Eusebia, onde manterá un encontro co equipo directivo. No Lugar de Mazaido, 38, Ben
    09/12/2015
    Foto: Moncho Fuentes / AGN

    O Goberno galego colabora dende o ano 2009 con esta entidade social á que destina neste exercicio 64.000 euros, cantidade que supón un 10% máis que o ano pasado

  • Rey Varela salienta que “destinar máis recursos ás persoas e familias máis golpeadas pola crise e que peor o están pasando é unha obriga para calquera goberno que teña un mínimo de responsabilidade e sensibilidade”
  • A directiva do Fogar Sor Eusebia presentou ao titular autonómico de Política Social un novo proxecto que consiste na construción, nos terreos da entidade, de unidades residenciais para que as persoas que acollen poidan ter o seu propio fogar onde asearse, durmir e gardar as súas pertenzas con total independencia

 

A Coruña, 9 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, percorreu esta maña as instalacións do Fogar Sor Eusebia, situadas no barrio coruñés de Bens, onde coñeceu de primeira man a actividade de apoio e atención ás persoas sen teito que realiza esta entidade con trinta anos de traxectoria. Rey Varela aproveitou a visita a este centro para manter un encontro de traballo  co equipo directivo do Fogar Sor Eusebia, no que lle explicaron o novo proxecto que quere poñer en marcha esta entidade de ámbito social.

 

Trala visita ao centro, que nestes momentos acolle a 60 residentes, Rey Varela sinalou que o Goberno galego ten reforzado o seu compromiso coas persoas en risco ou situación de vulnerabilidade aumentando en máis dun 25% as partidas orzamentarias para inclusión social, que suman un total e 86,5 millóns de euros. Ao respecto, indicou que “en política non basta con comprometerse de palabra; o importante son os feitos e, no caso das administracións públicas, os feitos póñense de manifesto dirixindo máis recursos económicos ás políticas sociais para chegar máis e mellor ás persoas máis vulnerables e que máis precisan de axuda”. Así mesmo, o titular da carteira autonómica de Política Social manifestou que “destinar máis recursos ás persoas e familias máis golpeadas pola crise e que peor o están pasando é unha obriga para calquera goberno que teña un mínimo de responsabilidade e sensibilidade”, engadindo que o obxectivo de non deixar a ninguén desprotexido “é unha tarefa que debemos afrontar entre todos: Xunta de Galicia, deputacións provinciais, concellos e entidades sociais”.

 

A Consellería de Política Social mantén un convenio co Fogar de Sor Eusebia, que este ano se incrementou un 10% ata superar os 64.000 euros. A Xunta de Galicia vén colaborando con esta entidade dende 2009, e dende 2012 ten aumentado ano tras ano a súa achega pública para contribuír ao financiamento dos servizos e iniciativas que se levan a cabo neste centro de Bens.

 

Novas unidades residenciais

 

A directiva de Fogar de Sor Eusebia presentou ao conselleiro un novo proxecto consistente en equipar os terreos da entidade dunhas unidades residenciais prefabricadas para que as persoas sen teito que rexeitan aloxarse nunha residencia. Trátase de que estas persoas poidan ter o seu propio fogar onde asearse, durmir e gardar as súas pertenzas con total independencia. Ao respecto, Rey Varela dixo que a Consellería prestará o seu asesoramento para que este proxecto poida converterse en realidade e estudará a viabilidade técnica do mesmo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: