LÓPEZ-CHAVES VISITA AS INSTALACIÓNS DE ASPANAEX, ONDE OFRECEN SERVIZOS DE CENTRO DE DÍA, EDUCATIVO E TERAPIA OCUPACIONAL

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo coñeceu esta mañá os obradoiros que se levan a cabo na Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual

 10122015_DelegVigoAspanex2

Vigo, 10 de decembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que a Asociación a favor das Persoas con Discapacidade intelectual da provincia, Aspanaex, ten na parroquia de Castrelos.

 

Acompañado polo seu presidente e a xerente, Jose Manuel Carballo e Beatriz Macías, respectivamente, o delegado percorreu todas as instalacións para coñecer os obradoiros e o traballo que as persoas con discapacidade realizan a diario. Comezou no obradoiro de papel reciclado para continuar despois co de desenvolvemento persoal, onde os usuarios e usuarias realizan múltiples actividades e incluso aprenden a realizar o seu propio curriculum vitae. Tras isto, trasladouse ata a zona de actividades náuticas rematando no andar superior para coñecer aos usuarios dos obradoiros de decoración, fimo e coiro, coñecendo por último o obradoiro de carpintería.

 

Aspanaex é unha entidade de iniciativa social e sen ánimo de lucro que naceu xa no ano 1.963. Conta con máis de 100 usuarios e usuarias e ten coma misión mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias a través dunha calidade na xestión e nos servizos que ofrecen nos 3 centros que xestionan nas instalacións ubicadas na rúa Mestres Goldar, e onde ofrecen servizos de centro de día, educación especial e terapia ocupacional. López-Chaves gabou así o traballo e atención personalizada que día tras día realizan tanto o equipo directivo e persoal do centro coma os voluntarios que se encargan do coidado das persoas con discapacidade.

 

Deste xeito, o centro de día ofrece un servizo diúrno que presta atención a persoas adultas con discapacidade intelectual maiores de 20 anos e con necesidade de apoios xeneralizados co obxectivo de conseguir a máxima autonomía persoal e social. No relativo ao centro educativo, conta cun centro específico de educación especial para persoas con necesidades educativas especiais de 6 a 20 anos. No centro ocupacional, ofrecen un servizo diúrno que procura a integración das persoas adultas con discapacidade intelectual con necesidade de apoios intermitentes e limitados mediante a realización de actividades de formación para a súa habilitación laboral, desenvolvemento da súa autonomía persoal e captación social; ofertando actividades de terapia ocupacional e de axuste persoal e social. Por último, a oferta tamén dende hai uns anos un servizo de vivenda comunitaria poñendo a disposición de 5 usuarios un piso onde se prestan servizos de aloxamento e apoio persoal e social.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: