O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL SUBLIÑA A IMPORTANCIA DOS MAIORES NA SOCIEDADE ACTUAL E ANUNCIA UN INCREMENTO DO 10% NO CONVENIO CON FETEGA

  • A Coruña  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará a Federación Territorial de Asociaciones Provinciales de Pensionistas y Jubilados de Galicia –FETEGA-UDP - , onde manterá un encontro cos seus responsables 09/12/2015 Foto: Moncho Fuentes / AGN

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará a Federación Territorial de Asociaciones Provinciales de Pensionistas y Jubilados de Galicia –FETEGA-UDP – , onde manterá un encontro cos seus responsables
    09/12/2015
    Foto: Moncho Fuentes / AGN

    O convenio que a Xunta asina anualmente con FETEGA acadará os 30.800 euros en 2016

  • A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros

 

A Coruña, 9 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe as instalacións da Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (FETEGA-UDP) sita na cidade da Coruña. Alí, o conselleiro subliñou a importancia dos maiores na sociedade actual como “o mellor patrimonio do país” e reivindicou o “papel protagonista” que ten este colectivo tanto nos orzamentos como nas políticas da área social do Goberno autonómico. Nesta liña, Rey Varela anunciou un incremento dun 10% no importe do convenio que a Xunta de Galicia asina anualmente con FETEGA ata acadar os 30.800 euros. Ao abeiro deste acordo, no que a Xunta leva investidos 150.700 euros desde 2009, a Federación realiza programa de actividades para maiores.

 

Na súa intervención, o responsable da carteira social sinalou como tarefa do Goberno autonómico posibilitar un “envellecemento activo e libre de dependencia a través da prevención”. Neste senso, avanzou que a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores está en fase de elaboración e será aprobada proximamente no Consello da Xunta.

 

O conselleiro fixo balance dos logros do Goberno da Xunta desde 2009 en materia de maiores entre os que destacou o aumento a ratio da poboación atendida con dependencia do 30% ao 60%; o incremento dos centros de atención diúrna nun 98%; o aumento dun 25% das residencias para maiores; o incremento dos centros de día nun 77%; a subida das prazas de atención a persoas con discapacidade nun 15%, o aumento dun 50% dos servizos de teleasistencia; ou a subida do Servizo de Axuda no Fogar nun 113%.

 

Máis recursos aos maiores

Na visita á sede de FETEGA, o responsable da área social manifestou que “a promoción do envellecemento activo e da autonomía das persoas maiores é un dos piares desta Consellería”. Así, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: