Xoel López presenta mañá en Vigo o seu novo disco
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, 12 de decembro ás 21.00h no Teatro Afundación de Vigo, o concerto do novo álbum de Xoel López. Composto por trece cancións gravadas nos Estudios Reno de Madrid, Paramales é un paso máis cara ao son contemporáneo característico do artista galego que rescata a súa etapa mod e o seu gusto polo soul e combínaos coas súas xa habituais guitarras españolas e atrevidos xogos de riffs. No seu directo acompañarano seis músicos, entre os que se atopan Miguel Rivera (Maga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvinge) ou Iván González-Chapo (M Clan, Amaral). As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.