A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AVANZA EN NOVAS XUNTANZAS COS ALCALDES GALEGOS NA PROCURA DE MELLORES SERVIZOS SOCIAIS PARA A POBOACIÓN GALEGA

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015.- A Consellería de Política Social continúa avanzando na rolda de encontros cos rexedores dos municipios galegos para acadar melloras na atención e nos servizos sociais dos que se ven beneficiados os veciños de Galicia.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de optimizar os recursos autonómicos e municipais na busca dunha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. Froito desta quenda de encontros, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde da vila coruñesa de Frades, Roberto Rey.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde estudaron novas vías de colaboración para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Concretamente, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade coruñesa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: