CONCELLO DO PORRIÑO PROGRAMACION DE NADAL

O Porriño, decembro.- O Concello do Porriño ten un completo programa de actividades para as datas de Nadal, que abrangue dende actuación musicais á presenza de Papa Noel e os Reis Magos, pasando por unha axenda de lecer, para nenos e maiores, que se desenrolará dende o 11 de decembro ata o 6 de xaneiro.
nadal
O mesmo, logo do encendido das luces en todo O Porriño, empezou este venres, día 11 co ‘Encontro de Panxoliñas’, no Centro Recreativo Cultural; seguirá este mércores, día 16, co Concerto de Nadal da Escola de Municipal de Música, ás 7 da tarde no Centro Recreativo Cultural; o xoves 17 e venres 18, os Paxes Reais visitarán os Colexios e o sábado, 19 e domingo 20 o fará Papá Noel, que estará nas Asociacións Municipais.

O mesmo sábado, día 19, dende ás 5 da tarde, Papá Noel estará na Praza da Avenida de Galicia e ás 6 na Praza Urbanización El Sol. Ese mesmo día, en Atios actúa a Rondalla de Pontellas (ás 7 da tarde) e a Rondalla Santa Eulalia, ás 5 da tarde en Carracido e ás 7 no recinto de Festas de Atios, antes do ‘Encontro de Panxoliñas’, ás 8 e media da tarde na Igrexa de Santa María.
O domingo, día 20, a Rondalla Santa Eulalia de Atios actúa ás 5 da tarde en Ponteareas e as 7 da na Igrexa de Cans.

O luns, día 21 é o día dos primeiros obradoiros: ás 5 da tarde, na Praza do Concello, será de ‘Postais e Adornos Navideños’; o martes 22, á mesma hora e no mesmo sitio, de ‘Maquillaxe Navideño’ xunto coa Visita do Elfo de Papá Noel.

O martes 23, as 5 da tarde, na Praza do Concello, Festa de Papá Noel, Obradoiro de Cartas e visita do propio Papá Noel. O xoves, día 24, será a Recepción Oficial a Papa Noel, con Panxoliñas Solidarias, ás 12 na Praza do Concello. O día de Nadal, ás 4 e media da tarde, a Rondalla de Pontellas actúa en Mosende e ás 6 en Chenlo.

O sábado 26, ás 10 da mañá, se disputa o Trofeo Nadal de Fútbol ‘Concello do Porriño’, en Torneiros. Pola tarde, ás 6, chegan ao Pavillón de Deportes, Os Bolechas; ás 12 actuación da Rondalla Santa Eulalia de Atios no Círculo do Alba, en Torneiros e ás 7 en San Salvador de Torneiros.

O domingo día 27, a Rondalla de Pontellas actúa, dende as 5 e media da tarde polo centro urbán e a Rondalla Santa Eulalia de Atios, ás 7 da tarde no Centro Cultural de Pontellas.
O luns, día 28, dende as 5 da tarde, Festa dos Inocentes, na Praza do Concello. Ese mesmo día empeza a disputa do Torneo Nadal de Baloncesto Base, que seguirá o martes día 29.

O mércores, día 30 empeza a Festa Pre-Fin de Ano, ás 11 da noite, na Praza do Concello (haberá cotillón, uvas, chocolate, churros e actuará unha orquestra). Antes, ás 10 da noite, actuación das Rondallas Santa Eulalia de Atios e Pontellas.

O ano 2016 empezará o venres día 1 de Xaneiro, ás 6 e media da tarde no Pavillón, co Certame de Rondallas…que irá logo dunha Actuación moi especial.

O domingo 3 a Rondalla Santa Eulalia de Atios fai un Pasarrúas polo centro urbán ás 6 da tarde e actuará ás 7 no Centro Recreativo Cultural; a Rondalla de Pontellas estará no Centro Cultural Casal de Budiño ás 4 e media da tarde e ás 5 e media no Centro Cultural A Forna.

O luns 4 de xaneiro, dende as 5 da tarde, na Praza do Concello, Festa Real, con Obradoiro de Cartas e Visita do Carteiro Real.

O martes, día 5 chega a ‘Cabalgata de Reis’. As carrozas sairán do pavillón ás 6 e media da tarde ata chegar á Praza do Concello onde as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, serán recibidos oficialmente pola alcaldesa no Concello ás 8 e media. (No caso de que chova, o percorrido sairá da Praza de San Sebastián, pasando polo Concello ata chegar ao Pavillón, onde será a recepción oficial ás 8 da tarde).

O mércores, día 6, a Rondalla Santa Eulalia de Atios actuará ás 10 en Gondomar; as 12 nas Escolas Vellas dos Galegos, en Atios; á 1 da tarde ao remate da misa na Igrexa de Atios; ás 4 da tarde, no local da Festa da Rocha; ás 5, no Recinto de Festas de Vilafría; ás 6 no recinto de Festa de Roupeiro; ás 7 nas Escolas Vellas de Covelo e as 8 no recinto de Festas da Guía.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: