Archivo | diciembre 15, 2015

AIMEN Centro Tecnológico y GKN Driveline Vigo se alían para promover la fabricación inteligente y sostenible en el sector de componentes de automoción

La Unidad Mixta de Investigación Joints 4.0 desarrollará tecnología y procesos innovadores para conseguir que GKN Driveline emplee en su planta viguesa nuevos materiales avanzados, con propiedades de alto valor añadido, e incorpore metodologías de fabricación más avanzada, sostenible e inteligente, mediante la aplicación de las TIC.

SAMSUNG CAMERA PICTURES

SAMSUNG CAMERA PICTURES

 

 

Pie de foto (de izqda. a dcha.): Juan Lloves, director de Planta de GKN Driveline Vigo; Manuel Varela, director de la Axencia Galega de Innovación (GAIN); Fernando Vázquez, presidente de AIMEN Centro Tecnológico; y Jesús Lago, director gerente de AIMEN Centro Tecnológico.

 

O ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo pecha cun concerto de bandas sonoras

Su Garrido Pombo e Margarida Mariño interpretan unha selección de música de películas

Vigo, 15 de decembro de 2015.- O edificio Cambón acolle mañá a última cita co ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo. Trátase de Soundtrack of my life, unha selección de bandas sonoras de películas interpretadas por Su Garrido Pombo e Margarida Mariño.

su garrido

 

CICLO CINE E LINGUA

Sountrack of my life

Su Garrido Pombo e Margarida Mariño

 

Data:  16 de decembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

Mobilización abandono hospital Xeral.

Continuando coas mobilizacións contra o abandono do edificio do Hospital Xeral e Cíes e reclamando un plan de usos que evite o seu deterioro e permita mellorar os recursos sanitarios no centro da cidade, evitando o deterioro global da zona, o colectivo de cidadáns e comerciantes do entorno do antigo Hospital Xeral de Vigo, co apoio da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria, reclaman:
1º.- A utilización sanitaria do edificio para servizos sanitarios deficitarios e necesarios para Vigo:

  • Centro de Alta Resolución
  • Servizo de Urxencias de Atención Primaria
  • Cirurxía Menor e Cirurxía Minimamente Invasora que non requira Hospitalización,
  • Unidade de Fecundación in vitro.
  • Unidade de Saúde Mental
  • Centro de Orientación Familiar
  • Servizo de Rehabilitación
  • Centro de Atención Primaria

2º.- Paralizar o desmantelamento e destrución do actual edificio para evitar o deterioro social e económico do barrio

 

CONCENTRACIÓN

fronte as urxencias do antigo Hospital

o martes 15 de decembro

ás 20 horas

Afundación clausura a súa tempada de teatro con El hijo de la novia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) clausura a súa tempada de teatro coa obra El hijo de la novia, unha adaptación de Garbi Losada e José Antonio Vitoria da película de Fernando Castets e Juan J. Campanella do mesmo nome. A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, terá lugar hoxe martes 15 de decembro e  mañá mércores, 16 de decembro ás 20.30 h. en Vigo e Pontevedra, respectivamente. As entradas están á venda en www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas, que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

JOSÉ MANUEL REY VARELA SUMA UNHA NOVA CITA Á SÚA XEIRA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL E OS SERVIZOS DESTINADOS AOS CIDADÁNS DE GALICIA

  • Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense

 

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde das nogais, jesus manuel nuñez dias

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde das nogais, jesus manuel nuñez dias

Santiago, 15 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de As Nogais (Lugo), Jesús Manuel Núñez Díaz. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello lucense e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

Neste sentido, alcalde e conselleiro avanzaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Concretamente, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de impulsar as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense e estudaron os usos sociais destinados a maiores que terá o centro xa construído.