JOSÉ MANUEL REY VARELA SUMA UNHA NOVA CITA Á SÚA XEIRA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL E OS SERVIZOS DESTINADOS AOS CIDADÁNS DE GALICIA

  • Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense

 

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde das nogais, jesus manuel nuñez dias

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde das nogais, jesus manuel nuñez dias

Santiago, 15 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de As Nogais (Lugo), Jesús Manuel Núñez Díaz. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello lucense e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

Neste sentido, alcalde e conselleiro avanzaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Concretamente, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de impulsar as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense e estudaron os usos sociais destinados a maiores que terá o centro xa construído.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: