Mobilización abandono hospital Xeral.
Continuando coas mobilizacións contra o abandono do edificio do Hospital Xeral e Cíes e reclamando un plan de usos que evite o seu deterioro e permita mellorar os recursos sanitarios no centro da cidade, evitando o deterioro global da zona, o colectivo de cidadáns e comerciantes do entorno do antigo Hospital Xeral de Vigo, co apoio da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria, reclaman:
1º.- A utilización sanitaria do edificio para servizos sanitarios deficitarios e necesarios para Vigo:
- Centro de Alta Resolución
- Servizo de Urxencias de Atención Primaria
- Cirurxía Menor e Cirurxía Minimamente Invasora que non requira Hospitalización,
- Unidade de Fecundación in vitro.
- Unidade de Saúde Mental
- Centro de Orientación Familiar
- Servizo de Rehabilitación
- Centro de Atención Primaria
2º.- Paralizar o desmantelamento e destrución do actual edificio para evitar o deterioro social e económico do barrio
CONCENTRACIÓN
fronte as urxencias do antigo Hospital
o martes 15 de decembro
ás 20 horas