Archive | diciembre 16, 2015

AIMEN Centro Tecnológico y Factorías Vulcano presentan Innflexion, la Unidad Mixta de Investigación en la que desarrollarán tecnologías de fabricación inteligente para los astilleros

La finalidad de Innflexion es desarrollar soluciones automatizadas de producción flexibles y de bajo coste para la unión, ensamblaje y rectificado de estructuras navales.

SAMSUNG CAMERA PICTURES

SAMSUNG CAMERA PICTURES

Vigo, 16 de diciembre.- Desarrollar tecnologías de fabricación inteligente y de alta productividad para el sector de la construcción naval es el objetivo de Innflexion, la Unidad Mixta de Investigación constituida por AIMEN Centro Tecnológico y Factorías Vulcano, con la participación de la Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega de Innovación (GAIN), que se ha presentado esta mañana en el Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN, en O Porriño.

 

La finalidad de Innflexion es crear soluciones automatizadas de producción flexibles, rápidamente reconfigurables y de bajo coste para la unión, ensamblaje y rectificado de estructuras navales. Además, esta tecnología estará dotada de desarrollos orientados a la automatización del control dimensional y de la calidad.

 

Para alcanzar esta meta, la Unidad Mixta ha definido diferentes líneas de I+D+i, en las que se desarrollarán sistemas robotizados inteligentes y flexibles para la soldadura y ensamblaje de elementos, tecnologías de control dimensional y de calidad de las uniones soldadas, y procesos de rectificado automatizado mediante calentamiento de inducción.

 

Fábrica del futuro

 

Esta alianza entre AIMEN y Factorías Vulcano supondrá un importante avance para ambas entidades. Por una parte, el centro tecnológico espera posicionarse como un desarrollador de referencia de tecnologías de fabricación flexibles y sistemas autónomos para diferentes sectores; mientras que el astillero busca avanzar hacia la fábrica del futuro para ser más competitivo en el mercado global.

 

Los desarrollos alcanzados por esta unidad mixta permitirán incrementar la productividad y reducir los tiempos empleados y los costes de fabricación en Factorías Vulcano. Además, se espera mejorar la competitividad del astillero a través de una nueva gama de tecnologías de fabricación avanzada, flexibles y de bajo coste. Por último, Innflexion hará posible la producción de estructuras metálicas de diferente tipología, no solo para el sector naval, sino también para otro tipo de industrias, mediante reconfiguraciones sencillas y rápidas de las metodologías de procesos.

 

En esta unidad mixta, que cuenta con un presupuesto de 3,46 millones de euros, cofinanciado con cargo al préstamo que la Administración General del Estado concedió a la Xunta de Galicia a través del Ministerio de Economía y Competitividad para el desarrollo en Galicia de la Estrategia Española de Innovación; está trabajando un equipo altamente cualificado formado por 24 técnicos e investigadores con una amplia trayectoria y experiencia en procesos de fabricación y robótica.

Pie de foto (de izqda. a dcha.): José Domínguez, director de Factorías Vulcano; Fernando Vázquez, presidente de AIMEN Centro Tecnológico; y Joaquín Vázquez, director comercial de AIMEN Centro Tecnológico.

O PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020 TERÁ ENTRE OS SEUS OBXECTIVOS DUPLICAR O PESO DO GASTO DE GALICIA EN I+D+i E ACHEGAR Á MEDIA EUROPEA A TAXA DE FECUNDIDADE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu hoxe en Santiago a reunión do Comité Asesor do Plan Estratéxico

alberto nunez feijoo preside a reunion do comite asesor do plan estratexico 2015 2020

alberto nunez feijoo preside a reunion do comite asesor do plan estratexico 2015 2020

  • O comité incorpora á excomisaria europea Benita Ferrero-Waldner, que achegará a súa experiencia en eidos coma o comercio, a formación ou a internacionalización
  • O Plan Estratéxico 2015-2020 aspira a acadar unha Galicia máis igualitaria, con máis emprego, con maior cohesión territorial e social e cun benestar reforzado
  • O proceso de participación do Plan Estratéxico, aberto a toda a cidadanía, contou con máis de 220 especialistas de diversos ámbitos
  • A Xunta entregará este documento ao Parlamento antes de que se inicie o vindeiro período de sesións.

 

A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO AVANZAN NA COORDINACIÓN DAS ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA IMPULSAR AS ESTACIÓNS INTERMODAIS EN GALICIA

  • A conselleira de Infraestruturas adianta que solicitará ao alcalde de Vigo participar na súa reunión coa ministra de Fomento para abordar a solución urbanística da estación de Urzaiz, xa que se trata dun proxecto compartido
  • Na xuntanza de hoxe ambas administracións abordaron os termos dos convenios nos que se plasmarán as actuacións que debe asumir cada institución para o desenvolvemento das actuacións intermodais, incluídas as obrigas municipais
  • A Xunta iniciará este mesmo mes a redacción do proxecto básico da estación de autobuses de Vigo, mentres se contrata o de Santiago, se conclúen os estudos previos das terminais da Coruña e de Ourense e se define a solución de conexión para Pontevedra
  • A conselleria fai fincapé na necesidade de que os concellos asuman obrigas como a construción dos accesos ou a posta a disposición dos terreos necesarios

 

Pontevedra, 16 de decembro de 2015.- A Xunta e o Ministerio de Fomento avanzaron hoxe na coordinación das actuacións necesarias para impulsar as estacións intermodais en Galicia. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, mantiveron esta mañá unha xuntanza en Pontevedra na que tamén participaron a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, o presidente de ADIF, Gonzalo Ferre, o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, Manuel Niño, entre outros cargos.

 

A conselleira sinalou a súa intención de solicitarlle ao alcalde de Vigo participar na xuntanza que este manterá coa ministra de Fomento para abordar a solución urbanística á estación intermodal de Urzaiz, xa que se trata dun proxecto compartido que debe ser abordado de forma conxunta polas tres admnistracións.

 

Na reunión de hoxe, os representantes dos gobernos central e autonómico abordaron os termos dos convenios concretos nos que se plasmarán as actuacións que debe asumir cada unha das administracións no desenvolvemento das estacións intermodais. Eses convenios deben incluír as adaptacións urbanísticas e as obras necesarias para garantir os accesos ás estacións que deben acometer as administracións locais.

 

A Xunta iniciará este mesmo mes a redacción do proxecto básico da estación de  autobuses de Vigo, mentres se contrata o de Santiago, se conclúen os estudos previos das terminais da Coruña e de Ourense e se define a solución de conexión para Pontevedra, algo que foi tamén tratado tamén na reunión de hoxe.

 

 

O Ministerio de Fomento tamén ten avanzado nas súas competencias respecto das intermodais galegas, traballando nos proxectos construtivos e comprometéndose a executar e financiar as obras correspondentes ás terminais de ferrocarril.

 

Ethel Vázquez fixo fincapé na necesidade desta mesma responsabilidade por parte dos concellos, asumindo as obrigas que lle corresponden: a construción dos accesos e á posta a disposición dos terreos necesarios, expropiando aqueles que sexa preciso para levar a cabo as estacións. Tamén son de competencia municipal as adaptacións urbanísticas oportunas para garantir que o planeamento sexa acorde co desenvolvemento das intermodais.

 

 

 

Saen á venda as entradas para o exitoso musical Mamma Mia!, que se poderá ver en Galicia en 2016

As entradas para o exitoso musical Mamma Mia! están dispoñibles desde hoxe no servizo de venda de entradas de Afundación, en Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, nas sedes de Afundación na Coruña, Santiago e Ourense e nos despachos de billetes da central de espectáculos de Vigo. Stage Entertainment, a compañía responsable de éxitos como El rey León, La Bella y la Bestia ou Los miserablestrae a Vigo este espectáculo que se poderá ver no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo entre o 8 e o 10 de abril de 2016.

 

Dima Slobodeniouk dirixirá á Orquesta Sinfónica de Galicia mañá no Teatro Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) clausura mañá en Vigo a súa tempada de abonos de Música Clásica cun concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) dirixida por Dima Slobodeniouk. O recital, composto por obras de Beethoven, Ibert e Richard Strauss, terá lugar mañá, 17 de decembro, ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo.

CONCELLO DO PORRIÑO COLABORACION LA CAIXA

Q55A5556 (1)O Porriño, mércores 16 de decembro.- A alcaldesa do Porriño e o director de La Caixa, asinaron este mércores un convenio polo cal a entidade financieira entrega ao Concello unha a cantidade de 4.000 € que destinarase na súa totalidade a SOS
Porriño-Banco de Alimentos que, na actualidade atende a máis de 250
familias porriñesas que viven en situación de necesidade.

A alcaldesa, Eva García de la Torre ademáis de agradecer á Fundación
Obra Social La Caixa a súa aportación, subliñou que a cooperación co
Concello e co pobo do Porriño “é constante dende hai moitos anos e
atende, sempre, os chamamantos de solidariedade que se fan desde a
administración local e as ONGs porriñesas”.

Pola súa banda o director de La Caixa, Igor de las Heras, amosou a
disposición “e o compromiso da Fundación Obra Social de La Caixa cos
veciños do Porriño” e ademáis de adiantar que este ano a aportación ao
Banco de Alimentos será de 4.000 €-1.000 máis que en 2014- lembrou que o
orzamento da Fundación en Galicia, lonxe de conxelarse ou reducirse,
aumentará no ano 2016 ata os 9 millóns de euros, un millón máis que no
ano que está a piques de rematar.

No acto de sinatura do convenio, a concelleira de Benestar Soledad
Girón, quixo agradecer, ademáis, a laboura “entregada e constante” dos
voluntarios de SOS Porriño, “que logo de traballar adican o seu tempo e
esforzo a axudar a centos de persoas que están nunha situación límite”.
A concelleira indicou que graza á mesma, foi posible que se fixeran xa
entregas, “estos días” de productos de primeira necesidade.

 

CENTROS DE CHAMADAS: ESTAR DISPOÑIBLES 84 HORAS Á SEMANA, PARA PAGAR 20 OU 30.

ESTAR DISPOÑIBLES 84 HORAS Á SEMANA, PARA PAGAR 20 OU 30.

cartaz_escravas_tlmk.O centros de chamadas dan traballo a perto de 4.000 persoas na cidade de Vigo, as condicións laborais están reguladas polo “Convenio Estatal de Contact Center”. Son subcontratas de grandes empresas, multinacionais e administracións públicas, que se encargan da atención telefónica á clientela, do soporte técnico, de atender reclamacións ou da televenda.

Na mesa negociadora a patronal ACCE, cunha actitude prepotente e despois de meses de negociación sen avances, fixo unha proposta que raia o neo-escravismo. Pretende establecer unhas franxas horarias de 12 horas diarias, os 7 días da semana, podendo alterar os horarios diariamente. Unha proposta aínda mais lesiva si temos en conta que no sector o 70% do persoal ten contratos temporais e abondan os contratos a tempo parcial por 20 ou 30 horas semanais. A súa proposta tería encaixe na “flexibilidade laboral” aprobada polo Pp na reforma laboral.

Na práctica o persoal tería que estar a disposición da empresa 84 horas semanais, para acabar traballando e cobrando 20 ou 30, os días e ás horas que lle veña ben á empresa.

Os ingresos do persoal do sector están por baixo da marxe do que se considera estatisticamente “traballadoras e traballadores pobres”, as grandes empresas e multinacionais (e incluso administracións públicas) pretenden abaratar custes recorrendo á explotación mais miserable.

Ante isto a CIG, sindicato maioritario no sector a nivel galego, ten convocado mobilizacións de protesta diante das dúas maiores empresas do sector en Vigo, para reclamar a abolición da escravitude das empresas de telemárketing e das grandes corporacións.

 

CONCENTRACIÓNS: Xoves 17 de decembro ás 11:30 diante da empresa Unísono (Gran Vía, 110) e ás 12:30 diante de Bosch (Avenida de Madrid, 183).

LÓPEZ-CHAVES PIDE AO ALCALDE DE VIGO QUE “NON FALE” SOBRE AS SOLUCIÓNS AO PXOM PORQUE TEN “CREDIBILIDADE URBANÍSTICA CERO”

  • 16122015_RdPDelegVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo lembra que o alcalde Abel Caballero e a súa concelleira de Urbanismo, María José Caride, son os “responsables” da anulación do Plan Xeral de 2008
  • Recoméndalle que escoite aos técnicos e a máxima autoridade en Urbanismo da Comumidade Autónoma
  • Acusa a Caballero de “non dicir a verdade” e lembra que “aínda non pediron perdón” aos vigueses polo “dano” ocasionado ao municipio
  • Pide que, desta vez, “faga ben” a redacción do novo Plan Xeral, que cumpra os trámites e “non antepoña os intereses partidistas aos da cidade”

 

Vigo, 16 de decembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, convocou hoxe unha rolda de prensa para tratar outros asuntos pero a raíz das declaracións feitas polo alcalde Abel Caballero, quixo deixar claro que coma delegado da Xunta “e coma vigués, sempre traballei pola miña cidade”, sinalando que todas as súas responsabilidades políticas sempre estiveron vinculadas a Vigo. “Traballo por e para a miña cidade”, e seguiu: “Caballero continúa co ton de descualificacións que pouco favor fan a vida política e  a vida pública. Os vigueses non somos así”, valorou.

 

E sobre as declaracións urbanísticas, o delegado pediu ao alcalde que “non fale” sobre as solucións á anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2008 tras a sentenza do Tribunal Supremo porque, segundo considerou, a súa “credibilidade urbanística é cero”, recomendando que deixe falar aos técnicos e a máxima autoridade en Urbanismo da Comunidade Autónoma.

 

López-Chaves lembrou así que tanto Abel Caballero coma a súa actual concelleira de Urbanismo, María José Caride, “conselleira que aprobou o PXOM do ano 2008”, son “os responsables” da anulación do Plan Xeral, aconsellando que “é mellor que falen os técnicos”. Neste senso, tirou de hemeroteca e recordou unha declaración feita nun pleno municipal do ano 2009 polo antigo xerente de Urbanismo, Jose Mariño, nomeado por Abel Caballero e que era membro designado en materia urbanística que, segundo reproduciu o delegado, dixo: “Os plans de incidencia supramunicipal non se executan nas cidades por unha cuestión de prazo, e continuou, é a primeira vez que escoito que para axilizar os prazos se considere a incidencia supramunicipal. Esto era o que dicía un técnico nomeado polo alcalde no ano 2009”, insistiu López-Chaves.

 

É por isto polo que considerou que tanto Caballero coma Caride teñen “credibilidade urbanística cero” porque “non podemos esquecer que lle acaban de anular o PXOM”. Acusou así ao rexedor vigués de “non dicir a verdade”. “Non nos podemos crer o que diga nin de prazos nin de procedementos nin de expedientes porque dicía que era un plan blindado xuridicamente e o acaba de anular o Supremo”, lembrando as consecuencias da “mala xestión” e a “actuación política” en relación co urbanismo de os dous responsables municipais. Deste xeito, recordou que “aínda non pediron perdón” aos vigueses pola anulación do Plan, polo “dano ocasionado a nosa cidade” e a volta ao plan de 1993. “Retrocedemos 22 anos urbanisticamente pola xestión de dúas persoas que nos están ocasionando un dano moi grave a nosa cidade”, enfatizou.

 

Por último, solicitoulle que “diga a verdade” porque “non está acostumado” a facelo enumerando os compromisos que fixo ao respecto. “Dixo que o PXOM de 2008 estaba blindado xuridicamente pero o tumba o Tribunal Supremo e o anula de pleno dereito; dixo que o PXOM prevía a construción de 6.000 vivendas oficiais, non construíu nin unha; brindou polo Plan e logo dixo que non lle gustaba; dixo que íamos ter un bosque de grúas e o que vamos a ter é unha paralización urbanística durante anos”, relatou.

 

Con todo, pediu que desta vez “faga ben” a redacción do novo Plan Xeral e que “cumpra os trámites e faga as xestións” que corresponden sen “antepoñer os intereses partidistas aos intereses da cidade”.  “Cando fala de prazos, opcións e trámites non se lle pode crer, que falen os técnicos, a máxima autoridade en Urbanismo de Galicia e que non faga declaracións un político que a súa xestión urbanística foi a anulación do PXOM de 2008 volvendo ao Plan de 1993”, rematou.

 

 

ABANCA obtén o maior rating de calidade para a súa base tecnolóxica

  • A entidade financeira renova o nivel 5 de CMMI, estándar internacional que mide a madurez de desenvolvemento do software nunha organización
  • Só dúas entidades financeiras no mundo e só ABANCA en Europa contan co maior rating de calidade en tecnoloxía
  • O banco avanza no desenvolvemento dun modelo máis dixital e multicanal
20151216-abanca-certificacion-mmi5
O conselleiro delegado, Francisco Botas, recibindo a certificación CMMI5.

Descarga en alta resolución

16-12-2015

ABANCA vén de renovar o nivel 5 de CMMI (Modelo Integrado de Capacidade e Madurez, nas súas siglas en inglés), estándar internacional que mide a madurez de desenvolvemento do software nunha organización. ABANCA mantense así como a única entidade financeira europea e segunda no mundo en dispor deste nivel de certificación.

O CMMI recoñece oficialmente que o equipo de desenvolvemento da entidade financeira posúe e aplica un modelo de traballo definido, maduro e eficaz para o desenvolvemento de software, o que lle permite ofrecer un mellor servizo aos seus clientes.

A incorporación desta certificación de calidade evidencia unha decidido aposta de ABANCA polas mellores prácticas de xestión da tecnoloxía e un compromiso coa calidade. “O nivel 5 de CMMI permítenos un aforro importante de custos e dar un mellor servizo aos nosos clientes, aumentando a rapidez na tramitación de produtos e unha mellora na dispoñibilidade de canles”, sinala Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Entre os beneficios que achega o nivel 5 de CMMI destaca o mellor aliñamento dos procesos de desenvolvemento coa estratexia de negocio e as necesidades dos clientes. Traballar seguindo este modelo incrementa tamén a eficacia na detección de erros durante o proceso de desenvolvemento e reduce o número de defectos nos servizos ofrecidos ao cliente. O nivel 5 de CMMI, ademais, permite á entidade ter rexistros contrastados de cumprimento de prazos e traballar coa máxima calidade o que está a facilitar a ABANCA avanzar no desenvolvemento dun modelo de banca máis dixital e multicanal.

ABANCA Dixital

Nos últimos meses a entidade puxo en marcha o proxecto ‘ABANCA Dixital’, unha iniciativa coa que a entidade financeira quere axilizar os procesos para ofrecerlle ao cliente un servizo omnicanal, innovador, con altos niveis de calidade e coa posibilidade de contratar produtos e servizos sen necesidade de acudir á oficina. O obxectivo é que os clientes do banco poidan realizar, en calquera momento e en calquera lugar, todo tipo de transaccións financeiras de modo que elixan como queren xestionar e contratar os seus produtos con ABANCA, a través de oficinas, da web, do teléfono, da banca electrónica ou da banca móbil.

A través da web de ABANCA calquera pode facerse cliente da entidade a distancia e contratar produtos como a Conta online, a Hipoteca Maricarmen, tanto a tipo fixo como variable, o Préstamo 24 horas e o Préstamo 24 horas Auto. Ademais, os clientes con banca electrónica poden contratar a través deste servizo depósitos, fondos, seguros e investir en bolsa.

En http://www.abanca.com os clientes e novos clientes teñen tamén á súa disposición un catálogo completo de produtos que poden solicitar online e contratar finalmente con cita na oficina como depósitos, cartóns de débito, crédito e VIA T, seguros (vida, auto, fogar e saúde), plans de pensións, fondos de investimento e produtos para empresas. Progresivamente ABANCA irá incorporando estes produtos á contratación a distancia.

CONCELLO DO PORRIÑO VISITA DA ALCALDESA A ESCOLA DE MUSICA

A Alcaldesa na Escola de MúsicaA alcaldesa visitou este martes as Escola Municipal de Música do Porriño onde coñeceu a fondo o traballo dos seus profesores, compartiu clases cos seus alumnos e mantivo unha xuntanza co director da mesma para que a informase das necesidades que ten este organismo no que cursan estudos máis de 140 porriñeses, de entre 4 e 65 anos.

A Escola, na que os cativos de 4 a 5 anos se inician coa ‘Música en movemento’, antes de pasar á ‘Linguaxe Musical’, para as rapazas e rapaces de 6 e 7 anos en diante, como paso á entrada no ‘Grao Elemental’, a partir dos 8, unha formación que dura 4 anos e que é anterior aos dous cursos de ‘Grao Medio’, que habilita para o ingreso no Conservatorio.

Eva García de la Torre, que amosou a súa impaciencia por acudir ao Festival de Nadal, na que os alumnos da Escola serán os protagonistas- e que se celebra no Centro Recreativo Cultural-  comprometeuse á colocación dunha rede WI-FI de acceso a Internet, “unha necesidade do centro que imos atender de inmediato porque é precisa para a mellora da formación”.

A alcaldesa tamén impulsará a creación dun ‘Banco de Instrumentos’, “sobre todo de percusión”, que permitirá aos alumnos dispor dos mesmos cando os precisen. Ata o da gora, funciona un pequeno ‘servizo de alugueiro’ de instrumentos para aqueles estudantes que non os poden mercar e que ten un custo de 59 € anuais.

Por último, a alcaldesa estudará a posibilidade de que o curso remate en xullo, un mes máis tarde do que é habitual, dado que as clases empezaron este ano con algo de demora sobre o que era habitual.