A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO AVANZAN NA COORDINACIÓN DAS ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA IMPULSAR AS ESTACIÓNS INTERMODAIS EN GALICIA

  • A conselleira de Infraestruturas adianta que solicitará ao alcalde de Vigo participar na súa reunión coa ministra de Fomento para abordar a solución urbanística da estación de Urzaiz, xa que se trata dun proxecto compartido
  • Na xuntanza de hoxe ambas administracións abordaron os termos dos convenios nos que se plasmarán as actuacións que debe asumir cada institución para o desenvolvemento das actuacións intermodais, incluídas as obrigas municipais
  • A Xunta iniciará este mesmo mes a redacción do proxecto básico da estación de autobuses de Vigo, mentres se contrata o de Santiago, se conclúen os estudos previos das terminais da Coruña e de Ourense e se define a solución de conexión para Pontevedra
  • A conselleria fai fincapé na necesidade de que os concellos asuman obrigas como a construción dos accesos ou a posta a disposición dos terreos necesarios

 

Pontevedra, 16 de decembro de 2015.- A Xunta e o Ministerio de Fomento avanzaron hoxe na coordinación das actuacións necesarias para impulsar as estacións intermodais en Galicia. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, mantiveron esta mañá unha xuntanza en Pontevedra na que tamén participaron a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, o presidente de ADIF, Gonzalo Ferre, o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, Manuel Niño, entre outros cargos.

 

A conselleira sinalou a súa intención de solicitarlle ao alcalde de Vigo participar na xuntanza que este manterá coa ministra de Fomento para abordar a solución urbanística á estación intermodal de Urzaiz, xa que se trata dun proxecto compartido que debe ser abordado de forma conxunta polas tres admnistracións.

 

Na reunión de hoxe, os representantes dos gobernos central e autonómico abordaron os termos dos convenios concretos nos que se plasmarán as actuacións que debe asumir cada unha das administracións no desenvolvemento das estacións intermodais. Eses convenios deben incluír as adaptacións urbanísticas e as obras necesarias para garantir os accesos ás estacións que deben acometer as administracións locais.

 

A Xunta iniciará este mesmo mes a redacción do proxecto básico da estación de  autobuses de Vigo, mentres se contrata o de Santiago, se conclúen os estudos previos das terminais da Coruña e de Ourense e se define a solución de conexión para Pontevedra, algo que foi tamén tratado tamén na reunión de hoxe.

 

 

O Ministerio de Fomento tamén ten avanzado nas súas competencias respecto das intermodais galegas, traballando nos proxectos construtivos e comprometéndose a executar e financiar as obras correspondentes ás terminais de ferrocarril.

 

Ethel Vázquez fixo fincapé na necesidade desta mesma responsabilidade por parte dos concellos, asumindo as obrigas que lle corresponden: a construción dos accesos e á posta a disposición dos terreos necesarios, expropiando aqueles que sexa preciso para levar a cabo as estacións. Tamén son de competencia municipal as adaptacións urbanísticas oportunas para garantir que o planeamento sexa acorde co desenvolvemento das intermodais.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO AVANZAN NA COORDINACIÓN DAS ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA IMPULSAR AS ESTACIÓNS INTERMODAIS EN GALICIA”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: