LÓPEZ-CHAVES PIDE AO ALCALDE DE VIGO QUE “NON FALE” SOBRE AS SOLUCIÓNS AO PXOM PORQUE TEN “CREDIBILIDADE URBANÍSTICA CERO”

  • 16122015_RdPDelegVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo lembra que o alcalde Abel Caballero e a súa concelleira de Urbanismo, María José Caride, son os “responsables” da anulación do Plan Xeral de 2008
  • Recoméndalle que escoite aos técnicos e a máxima autoridade en Urbanismo da Comumidade Autónoma
  • Acusa a Caballero de “non dicir a verdade” e lembra que “aínda non pediron perdón” aos vigueses polo “dano” ocasionado ao municipio
  • Pide que, desta vez, “faga ben” a redacción do novo Plan Xeral, que cumpra os trámites e “non antepoña os intereses partidistas aos da cidade”

 

Vigo, 16 de decembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, convocou hoxe unha rolda de prensa para tratar outros asuntos pero a raíz das declaracións feitas polo alcalde Abel Caballero, quixo deixar claro que coma delegado da Xunta “e coma vigués, sempre traballei pola miña cidade”, sinalando que todas as súas responsabilidades políticas sempre estiveron vinculadas a Vigo. “Traballo por e para a miña cidade”, e seguiu: “Caballero continúa co ton de descualificacións que pouco favor fan a vida política e  a vida pública. Os vigueses non somos así”, valorou.

 

E sobre as declaracións urbanísticas, o delegado pediu ao alcalde que “non fale” sobre as solucións á anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2008 tras a sentenza do Tribunal Supremo porque, segundo considerou, a súa “credibilidade urbanística é cero”, recomendando que deixe falar aos técnicos e a máxima autoridade en Urbanismo da Comunidade Autónoma.

 

López-Chaves lembrou así que tanto Abel Caballero coma a súa actual concelleira de Urbanismo, María José Caride, “conselleira que aprobou o PXOM do ano 2008”, son “os responsables” da anulación do Plan Xeral, aconsellando que “é mellor que falen os técnicos”. Neste senso, tirou de hemeroteca e recordou unha declaración feita nun pleno municipal do ano 2009 polo antigo xerente de Urbanismo, Jose Mariño, nomeado por Abel Caballero e que era membro designado en materia urbanística que, segundo reproduciu o delegado, dixo: “Os plans de incidencia supramunicipal non se executan nas cidades por unha cuestión de prazo, e continuou, é a primeira vez que escoito que para axilizar os prazos se considere a incidencia supramunicipal. Esto era o que dicía un técnico nomeado polo alcalde no ano 2009”, insistiu López-Chaves.

 

É por isto polo que considerou que tanto Caballero coma Caride teñen “credibilidade urbanística cero” porque “non podemos esquecer que lle acaban de anular o PXOM”. Acusou así ao rexedor vigués de “non dicir a verdade”. “Non nos podemos crer o que diga nin de prazos nin de procedementos nin de expedientes porque dicía que era un plan blindado xuridicamente e o acaba de anular o Supremo”, lembrando as consecuencias da “mala xestión” e a “actuación política” en relación co urbanismo de os dous responsables municipais. Deste xeito, recordou que “aínda non pediron perdón” aos vigueses pola anulación do Plan, polo “dano ocasionado a nosa cidade” e a volta ao plan de 1993. “Retrocedemos 22 anos urbanisticamente pola xestión de dúas persoas que nos están ocasionando un dano moi grave a nosa cidade”, enfatizou.

 

Por último, solicitoulle que “diga a verdade” porque “non está acostumado” a facelo enumerando os compromisos que fixo ao respecto. “Dixo que o PXOM de 2008 estaba blindado xuridicamente pero o tumba o Tribunal Supremo e o anula de pleno dereito; dixo que o PXOM prevía a construción de 6.000 vivendas oficiais, non construíu nin unha; brindou polo Plan e logo dixo que non lle gustaba; dixo que íamos ter un bosque de grúas e o que vamos a ter é unha paralización urbanística durante anos”, relatou.

 

Con todo, pediu que desta vez “faga ben” a redacción do novo Plan Xeral e que “cumpra os trámites e faga as xestións” que corresponden sen “antepoñer os intereses partidistas aos intereses da cidade”.  “Cando fala de prazos, opcións e trámites non se lle pode crer, que falen os técnicos, a máxima autoridade en Urbanismo de Galicia e que non faga declaracións un político que a súa xestión urbanística foi a anulación do PXOM de 2008 volvendo ao Plan de 1993”, rematou.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: