ACTIVIDADES PARA NENAS E NENOS – Vigo Detrás Do Marco

O 18 DE DECEMBRO, TÍTERES EN DETRÁS DO MARCO

21 decembro 19 decembro 18 dec tarabelos

O venres 18 de decembro os títeres de Tarabelos visitan Detrás do Marco co seu espectáculo Un Nadal cheo de contos. Esta actividade, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, comezará ás 18:00 horas e terá unha duración de case unha hora.  Para nen@s de máis de tres anos.

Resumo: O Nadal está cheo de contos, contos que viaxan nas nubes e no vento, e chegan a nós arrastrados polas chuvias, neves, poalla, e as fortes tormentas do inverno. Veñen de cidades descoñecidas, países remotos, illas case desertas… e enchen o Nadal de contos , e máis contos.

 

XOANIÑA E O APALPADOR, O 19 DE DECEMBRO EN DETRÁS DO MARCO

O sábado teremos unha visita especial para os máis pequenos en Detrás do Marco (12:00 horas). Nesta oportunidade será o Apalpador a protagonista. Actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dirixida para un público familiar.

Resumo de Xoaniña e o Apaldador: No Nadal, unha xoaniña e unha vacaloura atópanse nun carballo dunha montaña próxima á costa. Sorprendida a xoaniña ao ver unha vacaloura na época do frío, e tras conversas, fálalle dun gran persoeiro que hai anos aparecía polo Nadal e da alegría que lle supón escoitar falar del outra vez; virá outra vez pola costa. Ela coñéceo ben pois a súa avoa contoulle moitas historias sobre el. É o Apalpador.

Así, por boca da xoaniña, saberemos das vivencias simpáticas que se contan do Apalpador; con certeza, desexaremos coñecelo…

 

IMOS CANTAR OS REIS, NO MERCADO DO PROGRESO O LUNS 21

 

O luns 21 de decembro (a partir das 10:00 horas) Andobela celebrará no Mercado do Progreso unha interesante actividade de case tres horas de duración para a familia baixo o título Imos cantar os Reis.

Haberá obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de refugallo, a aprender un canto de Nadal sinxeliño, a ensaiar, etc … Logo, adicaremos unha horiña a ir cantar os reis e pedir o aguinaldo polos establecementos comerciais do barrio. De comercio en comercio iremos en comitiva tocando gaita e percusións animando a rúa. E xa remataremos comendo todos xuntos as lambonadas conseguidas no Mercado do Progreso. Esta actividade esta dirixida á familia, aínda que tamén poden estar os nenos ou nenas en solitario sempre que teñan máis de 5 anos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: