Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan a XXXVII edición do Premio de Periodismo Julio Camba e a XIII edición do Premio Fernández del Riego, unha referencia ámbolos dous dentro do seu ámbito. A esta nova convocatoria poderanse presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, coa única condición de que só se pode achegar un texto por autor que fose recollido en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de abril de 2016.