Archive | diciembre 18, 2015

LÓPEZ-CHAVES LOUBA O “ASPECTO HUMANO, BOA FE E CONFIANZA” DOS REPRESENTANTES DE COMERCIO NO DÍA DA FESTIVIDADE DA SÚA PATROA

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo felicitou aos representantes que recibiron as insignias de ouro e prata no acto de homenaxe celebrado hoxe na cidade

 18122015_DelegVigoComercio

Vigo, 18 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá á entrega de Diplomas e Insignias de Prata e Ouro da Asociación Sindical de Representantes de Comercio, evento enmarcado nos actos que o colectivo celebrou hoxe con motivo da festividade da súa patroa.

 

Na súa intervención tras a entrega das distincións, López-Chaves gabou o traballo que día tras día realizan os representantes de comercio, “persoas dedicadas a esta profesión que manteñen ese contacto humano, boa fe e confianza que existen en todos os negocios de comercio”, valorou. O delegado destacou tamén a importancia dos “acordos verbais” posto que, coma considerou, “a confianza é a base de todos os acordos”, dixo. Por último, considerou que todos os representantes de comercio levan no seu traballo “o lema vigués de ser fieis, leais e valorosos”.

 

A Asociación Sindical de Representantes de Comercio celebrou hoxe os actos pola festividade da súa patroa, cunha misa na honra da Virxe da Esperanza. A continuación depositaron un ramo de flores ante o monumento aos Viaxantes e Representantes de Comercio na rúa García Barbón en lembranza dos seus compañeiros falecidos e, por último, previamente ao acto de entrega de distincións, o ex reitor da Universidade de Vigo e Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, fixo unha semblanza da figura do representante de comercio.

 

O colectivo recoñeceu así o labor profesional coas Insignias de Prata a Antonio González, Roberto Pardo, Dolores Araujo, Eugenio Sumay, José Moralejo e José Pérez. Mentres, as Insignias de Ouro foron para Celso Fontáns, Servando Lopo e Luis Nieto.

 

 

 

Concello de Vigo

 

O Pleno aproba por unanimidade a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Os votos a favor dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal deron luz verde á tramitación dun novo PXOM na sesión extraordinaria e urxente do Pleno celebrado este venres. O alcalde sinala que o goberno local rexistrou este luns día 14 de decembro a solicitude dos informes necesarios para iniciar a tramitación ante a Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.

 

O alcalde reclama indemnizacións a Europa pola anulación “indebida” do tax lease

O Tribunal da Unión Europea declarou legal o sistema de bonificacións empregado polo naval vigués, o chamado tax lease, revocando a anulación decretada pola Comisión Europea. Caballero esixiu a devolución do que costou esta “decisión indebida”, “estaleiro por estaleiro”, pois conlevou a paralización das empresas do sector durante “anos e anos”.

 

O Concello adicou 300.000 euros á realización de melloras de accesibilidade en 21 colexios

O alcalde deu conta esta mañá das obras de accesibilidade que o Concello acometeu este ano en 21 centros educativos da cidade. O goberno local tamén deu luz verde a unha subvención de 10.000 euros para a Coral Casablanca.

 


Caballero felicitou aos representantes de comercio “porque lle poñen alma e rostro á economía”

O alcalde de Vigo participou esta mañá na ofrenda floral que realizou a Asociación Sindical de Representantes de Comercio aos compañeiros falecidos. Durante o acto, Caballero transmitíulles o seu recoñecemento porque “lle poñen alma e rostro á economía”. Logo de agradecerlles a súa “dedicación e cercanía”, participou na entrega dos diplomas e insignias de prata e ouro, en recoñecemento a súa labor profesional.

 

Medidas de tráfico con motivo das carreiras populares

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das carreiras que se van celebrar os vindeiros días, de decembro de 2015 e xaneiro 2016, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:

 

Medidas de tráfico por obras

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno (23:00 a 05:00), do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A , estará pechado ao tráfico o túnel BEIRAMAR, dende o 21/12/2015 ás 23:00 horas até o 23/12/2015 ás 05:00 horas . 21/12 (lado terra), 22/12 (lado mar).

 

Personal

Comunícase a tódolos/as aspirantes ás probas selectivas para as seguintes prazas vacantes e incluídas na oferta de emprego público do ano 2010-2011 (segunda fase), que as datas de comezo do primeiro exercicio e os lugares de realización serán os seguintes:

Las instalaciones renovables podrán participar en los servicios de ajuste del sistema eléctrico‏

  • La nueva normativa permitirá la participación de las instalaciones de renovables, cogeneración y residuos, en los servicios de ajuste del sistema eléctrico.

 

  • Su participación permitirá aumentar la competencia en estos mercados, lo que tendrá un efecto favorable en el precio de la electricidad que pagan los consumidores.

 

18.12.15. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo ha remitido hoy al BOE una resolución donde se establecen los criterios para que las instalaciones de renovables, cogeneración y de residuos puedan participar en los servicios de ajuste del sistema. La participación de las instalaciones renovables, de cogeneración y de residuos en los servicios de ajuste, aumentará la competencia en estos mercados, lo que tendrá un efecto favorable en el precio de la electricidad que pagan los consumidores.

 

La nueva normativa permite que las instalaciones renovables participen de manera efectiva y en igualdad de condiciones que el resto de tecnologías convencionales. Este hecho supone un avance sin precedentes a nivel europeo.

 

Los servicios de ajuste del sistema eléctrico permiten al Operador del Sistema garantizar la seguridad y la calidad del suministro eléctrico. Aseguran el equilibrio entre la generación y la demanda eléctrica en todo momento lo que permite que no haya apagones.

A PLISAN OFRECERA SOLO EN VENDA A PREZO BONIFICADO DE 50 EUROS O METRO CADRADO OU EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE CUN CANON SIMBÓLICO ANUAL

  • 151218 Plisa 1Na xuntanza acordouse incentivar a actividade económica na plataforma lóxistica mediante a bonificación do prezo dos primeiros 100.000 metros cadrados que se vendan
  • Acordouse tamén que o Instituto Galego da Vivenda e Solo licitará e contratará conxuntamente o proxecto e obra de execución da EDAR, así como a obra da ETAP

 

Santiago, 18 de decembro de 2015.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión de Seguimento da Plisan, na que están representadas as tres administracións implicadas na súa promoción: Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria e Consorcio Zona Franca de Vigo. Nesta xuntanza, acordouse as condicións e o inicio da comercialización das primeiras parcelas, posto que en 2016 convocarase o concurso de venda das parcelas.

 

Vázquez concretou que as empresas demandantes poderán elixir entre comprar o solo ou acollerse á fórmula de dereito de superficie, un canon simbólico anual con opción de compra, onde as condicións serán as mesmas que as recollidas para o solo propiedade do IGVS e, no caso de compra do solo, establécese un prezo bonificado de  50 €/m² para os primeiros 100.000 metros cadrados que se vendan na Plisan.

 

A responsable de Infraestruturas subliñou que o propósito do Goberno galego e das outra administracións é favorecer a implantación de empresas, polo que se ofrecen condicións moi vantaxosas para a adquisición de solo, que contribuirán a que a Plisan se converta nun polo de atracción de novos proxectos que xerarán actividade e riqueza na nosa terra.

 

Ethel Vázquez informou que esta reunión permitiulles abordar diversos asuntos, algúns deles de grande importancia para o desenvolvemento futuro da plataforma loxística, por unha parte, “asinamos unha addenda ao convenio para o desenvolvemento da Plisan, co fin de dotar esta Comisión de Seguimento de capacidade para licitar e contratar as obras”.

 

“O que significa que se poderán licitar e contratar novas actuacións sen necesidade de firmar un novo convenio entre as partes para cada unha delas, co que se acada maior flexibilidade e axilidade na licitación e contratación das obras futuras”, asegurou.

 

A Conselleira de Infraestruturas explicou que tamén se avanzou no proceso de adquisición dos terreos necesarios para as conexións exteriores da EDAR e da ETAP desde o límite do ámbito da Plisan e acordouse que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitará e contratará conxuntamente o proxecto e obra de execución da  EDAR, así como a obra da ETAP.

 

Por último, concluíu que continúanse dando os pasos necesarios para cumprir co cronograma previsto, xa que, nestes momentos están en execución as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais, uns traballos que comezaron no mes de outubro, que teñen un prazo de 18 meses, e supoñen un investimento de 13,5 M €. Así mesmo, no primeiro trimestre de 2016, licitarase conxuntamente o proxecto e obra da depuradora de augas residuais e a obra da  potabilizadora.

Grandes historias cotiás conquistarán ao espectador na nova tempada teatral de Afundación

A tempada teatral para o 2016 que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) preparou para Vigo estará á venda, desde o vindeiro martes 22, a través dos seus abonos, dispoñibles na web de Ataquilla.com, e no despacho de billetes telefónico, 902 504 500. A venda dos abonos da tempada completa (de xaneiro a xuño) ou da primeira parte da tempada (de xaneiro a abril) estará aberta ata o 15 de xaneiro de 2016; a venda da segunda parte (do 4 ao 18 de abril) farase os días 4 e 5 de marzo para aquelas persoas que xa teñan adquiridos os abonos da primeira. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supoñen unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no Teatro Afundación en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

350 Jogos de Xadrez na Eurocidade com os Melhores de Portugal e Espanha

350 jogos vão apurar o campeão do Iº Torneio de Xadrez da Eurocidade Valença Tui, sábado, 19 de dezembro. 100 dos melhores jogadores portugueses e espanhóis vão disputar este duelo ibérico que decorrerá em Valença e Tui.Torneio Xadrez

O torneio começará às 9h00 horas portuguesas, numa carpa instalada na Praça da República, na Fortaleza de Valença, onde se vão jogar as três rondas matinais. Durante a tarde, a partir das 15h00 horas portuguesas, as competições decorrerão na Área Panorâmica de Tui, onde serão disputadas as quatro rondas finais.

O torneio contará com a participação de destaque de Henrique Aguiar, tricampeão de Portugal, Mariana e Inês Silva, campeãs de Portugal, Rubén Fernández, vicecampeão de Espanha e bicampeão da Galiza e Avelino Leirós excampeão da Galiza Absoluto (1984/85).

O torneio, para além das competições oficiais agendadas, estará aberto a todos, com partidas rápidas entre as pessoas que assim o desejem. Para os mais novos o certame vai montar um atrativo xadrez gigante.

A iniciativa é do Clube de Xadrez de Tui, em colaboração com a Eurocidade Valença Tui e o Xadrez Galego e encerrará o calendário desportivo da Eurocidade de 2015.

Para além da competição este torneio pretende divulgar a modalidade de xadrez na Eurocidade estando a decorrer formações sobre esta modalidade nos estabelecimentos de ensino de Valença e Tui.

 

Os clientes de ABANCA poderán retirar diñeiro gratis na maior rede de caixeiros do mercado español

  • A entidade subscribe un acordo coa rede Euro 6000, Bankia e Banco Sabadell
  • A alianza reúne un total de 17.808 caixeiros, 1 de cada 3 de toda España
ABANCA subscribiu coas demais entidades da rede Euro 6000, Bankia e Banco Sabadell un acordo que permite aos seus clientes retirar diñeiro en efectivo en 17.808 caixeiros de toda España en condicións vantaxosas, na inmensa maioría dos casos de maneira gratuíta.

Cun 37% do parque total de caixeiros automáticos e presenza en todas as provincias, a rede resultante desta alianza é a maior do mercado español e duplica en tamaño á segunda. ABANCA achega a esta alianza 1.034 caixeiros automáticos.

Coa firma deste acordo, axustado ao Real Decreto Lei 11/2015, de 2 de outubro, que regula as comisións pola retirada con tarxeta de diñeiro en efectivo en caixeiros automáticos, ABANCA amplía en máis de 8.000 o número de caixeiros nos que os seus clientes poden realizar de maneira gratuíta operacións de retirada de efectivo a débito.

Os clientes de ABANCA poden retirar efectivo a débito sen custo algún en calquera dispositivo da rede de caixeiros da entidade en toda España. Fóra de Galicia tamén poden facelo gratuitamente nos caixeiros da rede Euro 6000, Bankia e Banco Sabadell, cun límite de ata cinco operacións ao mes.

En caso de existir un custo, os clientes de ABANCA beneficiaranse dunha importante rebaixa sobre as tarifas anteriores, abonando 0,45 euros por operación nos caixeiros de Euro 6000 e 0,65 euros nos de Bankia e Banco Sabadell. Estes importes correspóndense estritamente cos custos do servizo e non supoñen marxe algún para as entidades.

Programa Cero Comisións

Este acordo non supón cambios no programa Cero Comisións de ABANCA, que exime de forma automática a máis dun millón de clientes do pago das comisións polas operacións e servizos máis habituais.

Os clientes con maior vinculación non pagan comisións de mantemento ou administración polas súas contas, por transferencias, por ingresos de cheques nacionais en euros, ou polo servizo de avisos por SMS. Tampouco pagan polas súas tarxetas de crédito e débito, e poden retirar diñeiro gratis coa súa tarxeta de débito ABANCA en calquera caixeiro do mundo fóra de Galicia, sen límite de operacións nin de importe.

Programación Nadal La Fábrica de Chocolate Club

HORARIOS: Dom. a Jue. 21:30 h. / Viernes y Sábado: 22:00 h.

CONCIERTO SOLIDARIO ENTRECULTURAS CONWHEN NALDA BECAME PUNK + LOS MARCIANOS

Taquilla: 5 €

Miércoles 23 de diciembre, 22.00 h.

 

 

Entreculturas trabaja para contribuir a que laeducación sea una realidad en los pueblos excluidos de América Latina, África y Asia. También en España, apostando por la sensibilización, para que seamos capaces entre todos de transformar estructuras y ser un factor de cambio a favor de la justicia.

El concierto de este año recaudará fondos íntegramente destinados a apoyar el tejido educativo de África.

WHEN NALDA BECAME PUNK

When Nalda Became Punk están de gira con Indiepop or Whatever y eso es una fantástica noticia para los que admiramos el buen hacer de Elena y compañía.

El EP, que rinde tributo en su título a sus mayores influencias, respira influencias britpop, shoegaze osynthpop y, tal como explica la propia Elena, debe su nombre al hecho de que, “a veces cuando la gente nos pregunta qué música hacemos, la respuesta que me viene la mente es indiepop, o como quieras llamarlo”.

De esa reflexión nace en parte este EP, editado por el sello norteamericano Shelflife Records, un paso adelante para este proyecto, nacido como la aventura en solitario de Elena Sestelo en 2006.
LOS MARCIANOS

Los Marcianos representan la nueva hornada de grupos pop vigueses. Estamos ante una banda pop con tintes realistas y un sonido armado a base deguitarras afiladas y melodías luminosas.

 

HERMANOS CUNHA

Entrada libre

 

Jueves 24 de diciembre, 00:00h.

 

 

Como ya es tradición en La Fábrica, los Hermanos Cunha le ponen música a la nochebuena.

Los Hermanos Cunha son Alberto y Andrés. En su repertorio figuran versiones de diferentes grupos y estilos de todas las épocas como puede ser canciones y éxitos de toda la vida como Louis Armstrong, Dyango y Pimpinela, Elvis Presley, Antonio Machín, The Platters, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel Serrat y un largo etcétera.

Personajes del entorno televisivo o de actualidad tampoco se libran de su fino sentido del humor: la Duquesa de Alba, Boris Izaguirre, El Rey, Jose Luis Moreno, etc.. Dos grandes músicos y artistas de nuestra ciudad que prometen un gran show musical.

También podremos escuchar temas más propios con variadas tesituras y ritmos, clásicos, pop, rockeros, baladas y más, interpretando algunos en italiano, francés, inglés o portugués.

 

 

WE RIDE + AWARE + SERVAL

Taquilla: 5€

 

Viernes 25 de diciembre, 21.30 h.

 

 
El 19 de diciembre de 2013 fue la última vez que We Ridetocaron en una sala en Vigo, y como dice la canción… “vuelve a casa, vuelve… por navidad.”
Será su último concierto de la era “On The Edge”, ya que a principios de 2016 se encerrarán en estudio a grabar su nuevo disco.

We Ride es una banda de hardcore fundada en Vigo en 2009 por unos veinteañeros con ganas de tocar la música que más les apasiona. Hasta aquí todo normal, pero en un par de meses sacan su primera demo y empiezan a tocar con regularidad por España y Portugal.

En 2010 debutan con Directions y el álbum es editado en todo el globo, consiguiendo así sus primeras giras internacionales. Es con su segunda obra: On The Edge, que la cosa se dispara, alcanzando grandes cotas de popularidad en la escena y fichando por las mejores agencias del mundo, girando por hasta 15 países de Suramérica y Centro América, Estados Unidos, 15 países más en Europa y cuatro en Asia.
AWARE

A finales del verano del 2014, tres amigos con gustos e inquietudes similares deciden comenzar un nuevo proyecto musical DIY con el fin de transmitir un mensaje y unas ideas en la escena hardcore/punk.

SERVAL
Grupo de post hardcore que recientemente han publicado su primer EP: Alsace

 

TONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS

Anticipada: 8 € en Bar Princesa, la Casa de Arriba, La Tasca y Ticketea.

Taquilla: 10 €

Sábado 26 y miércoles 30 de diciembre 22.00 h.

 

Hace ahora 20 años los astros confabularon el encuentro de la cerilla y el bidón de gasolina.

Después de un éxito arrollador con Los 3 Sudamaricones (El gran salto a la fama 1995) Tony Lomba & Elio dos Santos pasaron de la wachu world music a la canción ligera más pasional (Pareja de hecho 1997). Con los excesos y los egos desorbitados llegó su definitiva disolución a principios del nuevo milenio.

A pesar de las irreconciliables diferencias y encontronazos su corazón vuelve a palpitar cada año por estas fechas como en un cuento navideño y sus conciertos son ya otro reconocido evento tradicional.

A sus inevitables hits (Hoy es un día especial , España, España, Alfredo landa, Ese amor de abuela , Bunbury….) este año le suman un himno más “Follemos. Yes, we fuck”, Catalizando magistralmente la actualidad ya es un hit en las redes sociales, reuniones familiares y cenas de empresa. Más beligerantes que nunca subirán al escenario para repartir fuerza y sensibilidad, transgresión y sutileza…. amor y humor a partes iguales.

Tony Lomba y Elio dos Santos son vuestra cesta de Navidad.

 

HERVILLE FIRE

Taquilla: 3€

 

Martes 29 de diciembre, 22.30 h.

 

 

Grupo de amigos de Vigo, que hacen versiones Punk-Rock de canciones de los 60/70/80/90/00…

Llevan tocando juntos unos 3 años, aunque han pertenecido a formaciones anteriores.

 

EL SÓTANO DE BABEL

Anticipada:

Taquilla:

 

Sábado 02 de enero, 22.00 h.

 

 
Con la experiencia de bandas como Woody & The Buzz Light Years, Kepler o Ecuator Penguins, llega El sótano de Babel con la fusión compositiva de Woody y Rober, los bajos y letras de Moncho, los ritmos viscerales de Antón y los dedos minuciosos de Pablito para comenzar su andadura en 2016. Mero prólogo de una biografía todavía por escribir.

CAROUTLET VIGO ENTREGÓ HOY A ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA UN CHEQUE DE 5.557 EUROS, DONADO CON PARTE DE LA RECAUDACIÓN

La sede de Eventos del Motor, empresa organizadora del Salón CarOutlet Vigo 2015, albergó esta mañana el acto de entrega a Aldeas Infantiles SOS Galicia del dinero donado con parte de la recaudación de las entradas vendidas en la reciente edición, que se celebró a finales de noviembre en el Instituto Ferial de Vigo.Entrega Cheque

 

El director general del certamen, José Enrique Elvira, acompañado de José María Rodrigo, gerente de Celtamotor, en representación de los concesionarios, hizo la entrega del talón, de un importe de 5.557 euros, que supone la mitad de lo recaudado con la venta de entradas en la feria, al director territorial en Galicia de la entidad social, Víctor Muñoz.

 

Elvira destacó en este acto que era “una enorme satisfacción ser el instrumento que canaliza las ayudas de los visitantes al certamen, que son quienes contribuyen realmente a las múltiples acciones sociales de Aldeas Infantiles SOS en la comunidad gallega, con la mitad de lo que pagan en la entrada”.

 

José María Rodrigo recordó que “los concesionarios de Vigo llevan ya cuatro años colaborando de forma altruista con esta iniciativa, e instando a todo el mundo a que abone la entrada, pese a existir invitaciones, pues así se ayuda a estas entidades sociales”.

 

Por su parte, Víctor Muñoz detalló que esta cantidad en concreto se empleará en dar continuidad asistencial a los jóvenes acogidos a Aldeas Infantiles SOS Galicia que cumplen 18 años, “y que a pesar de la mayoría de edad necesitan ayudas, como becas para estudios, y otros refuerzos económicos y emocionales”.

 

 

 

A XUNTA DE GALICIA TEN NA ATENCIÓN AOS DOENTES DE ALZHÉIMER E ÁS SÚAS FAMILIAS UNHA DAS LIÑAS BÁSICAS DE ACTUACIÓN PARA 2016

  • _A9A2892Rey Varela asinou no libro de honra de AFAL e asistiu a unha sesión de terapia asistida con cans.
  • Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social e AFAL Ferrolterra teñen como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”
  • Un dos obxectivos do Goberno galego nesta materia é incluír a 10.000 persoas máis no sistema de atención á dependencia e promoción da autonomía persoal ao longo do vindeiro ano, chegando así aos 50.000 dependentes atendidos e a unha ratio de cobertura do 75%
  • O titular autonómico de Política Social apuntou tamén o 20% de subida da achega económica da Xunta de Galicia para as federacións que forman parte do CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016

 

Ferrol, 18 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá en Ferrol as instalacións da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL Ferrolterra), onde asistiu a unha

sesión de terapia asistida con cans, asinou no libro de honra da asociación e mantivo un encontro de traballo co seu equipo directivo. O motivo desta reunión foi o de coñecer de primeira man os proxectos desta entidade de iniciativa social; e enmárcase nas visitas e entrevistas que Rey Varela está a concertar con diferentes colectivos aos que atende a Consellería de Política Social.

 

O conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo AFAL Ferrolterra, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”.  Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social e esta entidade teñen como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”. Neste sentido, Rey Varela referiuse á subida nun 20% do convenio económico que a Xunta de Galicia mantén coas federación que integran o CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016; así como aos novos servizos de atención que se porán en funcionamento na nosa Comunidade.

 

Pola súa parte, o presidente de AFAL Ferrolterra, José Manuel Maceiras Varela, agradeceu a visita do conselleiro e, especialmente, a súa sensibilidade cara o colectivo. Destacou a importancia de dar visibilidade ao alzhéimer e achegalo á sociedade, ao tempo que se da a coñecer a labor de entidades como AFAL en Centros de día como o de Ferrol, o primeiro aberto por unha asociación en Galicia. “É necesario, concluíu, que a cidadanía saiba que AFAL está ao seu lado para afrontar esta terrible loita que, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, estímase que padecen unhas 4.000 persoas”. De aí que avogase pola necesaria implicación de administracións públicas como a Consellería de Política Social. Nesa liña, AFAL trasladoulle en reunión unha serie de cuestións ao conselleiro para as que solicitou o seu apoio.

 

Mellores servizos e máis cobertura

Ademais destas instalacións, AFAL Ferrolterra xestiona o Centro de día de Alzhéimer que a Xunta ten en servizo na Casa  do Mar e que está dotado con 40 prazas. A achega económica da Consellería de Política Social para o mantemento e funcionamento deste centro ascende este ano a un total de 322.752 euros. Dende este servizo de atención a persoas con alzhéimer e de apoio aos seus familiares se desenvolven diferentes actividades, entre outras: préstamo de produtos de apoio; perruquería, biblioteca e videoteca; cursos de formación; e servizos de fisioterapia e podoloxía a domicilio.

 

O novo impulso social que se recolle nas novas contas da Xunta de Galicia para 2016 permitirá que 10.000 novas persoas se beneficien dos servizos de atención á dependencia, chegando así a unha ratio de cobertura do 75%. Na actualidade hai 40.000 dependentes atendidos polo sistema para a autonomía e atención á dependencia e o obxectivo e chegar a 50.000 ao longo do vindeiro ano. De feito, o Consello da Xunta vén de autorizar o pasado mes de novembro o acordo para a concesión de 1.822 novas libranzas de coidados na contorna familiar e o abono dos atrasos pola retroactividade do dereito de prestación.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á dependencia e promoción da autonomía, o que permite ofertar unha maior especialización e programas concretos para este colectivo. Así mesmo, o ámbito da dependencia é o que absorbe máis recursos económicos na Consellería de Política Social: un total de 324,2 millóns de euros. Esta cifra supón un aumento de 26 millóns de euros con respecto á presente anualidade.

 

A día de hoxe, Galicia conta con 412 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias.