A XUNTA DE GALICIA TEN NA ATENCIÓN AOS DOENTES DE ALZHÉIMER E ÁS SÚAS FAMILIAS UNHA DAS LIÑAS BÁSICAS DE ACTUACIÓN PARA 2016

  • _A9A2892Rey Varela asinou no libro de honra de AFAL e asistiu a unha sesión de terapia asistida con cans.
  • Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social e AFAL Ferrolterra teñen como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”
  • Un dos obxectivos do Goberno galego nesta materia é incluír a 10.000 persoas máis no sistema de atención á dependencia e promoción da autonomía persoal ao longo do vindeiro ano, chegando así aos 50.000 dependentes atendidos e a unha ratio de cobertura do 75%
  • O titular autonómico de Política Social apuntou tamén o 20% de subida da achega económica da Xunta de Galicia para as federacións que forman parte do CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016

 

Ferrol, 18 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá en Ferrol as instalacións da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL Ferrolterra), onde asistiu a unha

sesión de terapia asistida con cans, asinou no libro de honra da asociación e mantivo un encontro de traballo co seu equipo directivo. O motivo desta reunión foi o de coñecer de primeira man os proxectos desta entidade de iniciativa social; e enmárcase nas visitas e entrevistas que Rey Varela está a concertar con diferentes colectivos aos que atende a Consellería de Política Social.

 

O conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo AFAL Ferrolterra, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”.  Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social e esta entidade teñen como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”. Neste sentido, Rey Varela referiuse á subida nun 20% do convenio económico que a Xunta de Galicia mantén coas federación que integran o CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016; así como aos novos servizos de atención que se porán en funcionamento na nosa Comunidade.

 

Pola súa parte, o presidente de AFAL Ferrolterra, José Manuel Maceiras Varela, agradeceu a visita do conselleiro e, especialmente, a súa sensibilidade cara o colectivo. Destacou a importancia de dar visibilidade ao alzhéimer e achegalo á sociedade, ao tempo que se da a coñecer a labor de entidades como AFAL en Centros de día como o de Ferrol, o primeiro aberto por unha asociación en Galicia. “É necesario, concluíu, que a cidadanía saiba que AFAL está ao seu lado para afrontar esta terrible loita que, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, estímase que padecen unhas 4.000 persoas”. De aí que avogase pola necesaria implicación de administracións públicas como a Consellería de Política Social. Nesa liña, AFAL trasladoulle en reunión unha serie de cuestións ao conselleiro para as que solicitou o seu apoio.

 

Mellores servizos e máis cobertura

Ademais destas instalacións, AFAL Ferrolterra xestiona o Centro de día de Alzhéimer que a Xunta ten en servizo na Casa  do Mar e que está dotado con 40 prazas. A achega económica da Consellería de Política Social para o mantemento e funcionamento deste centro ascende este ano a un total de 322.752 euros. Dende este servizo de atención a persoas con alzhéimer e de apoio aos seus familiares se desenvolven diferentes actividades, entre outras: préstamo de produtos de apoio; perruquería, biblioteca e videoteca; cursos de formación; e servizos de fisioterapia e podoloxía a domicilio.

 

O novo impulso social que se recolle nas novas contas da Xunta de Galicia para 2016 permitirá que 10.000 novas persoas se beneficien dos servizos de atención á dependencia, chegando así a unha ratio de cobertura do 75%. Na actualidade hai 40.000 dependentes atendidos polo sistema para a autonomía e atención á dependencia e o obxectivo e chegar a 50.000 ao longo do vindeiro ano. De feito, o Consello da Xunta vén de autorizar o pasado mes de novembro o acordo para a concesión de 1.822 novas libranzas de coidados na contorna familiar e o abono dos atrasos pola retroactividade do dereito de prestación.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á dependencia e promoción da autonomía, o que permite ofertar unha maior especialización e programas concretos para este colectivo. Así mesmo, o ámbito da dependencia é o que absorbe máis recursos económicos na Consellería de Política Social: un total de 324,2 millóns de euros. Esta cifra supón un aumento de 26 millóns de euros con respecto á presente anualidade.

 

A día de hoxe, Galicia conta con 412 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: