LÓPEZ-CHAVES LOUBA O “ASPECTO HUMANO, BOA FE E CONFIANZA” DOS REPRESENTANTES DE COMERCIO NO DÍA DA FESTIVIDADE DA SÚA PATROA

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo felicitou aos representantes que recibiron as insignias de ouro e prata no acto de homenaxe celebrado hoxe na cidade

 18122015_DelegVigoComercio

Vigo, 18 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá á entrega de Diplomas e Insignias de Prata e Ouro da Asociación Sindical de Representantes de Comercio, evento enmarcado nos actos que o colectivo celebrou hoxe con motivo da festividade da súa patroa.

 

Na súa intervención tras a entrega das distincións, López-Chaves gabou o traballo que día tras día realizan os representantes de comercio, “persoas dedicadas a esta profesión que manteñen ese contacto humano, boa fe e confianza que existen en todos os negocios de comercio”, valorou. O delegado destacou tamén a importancia dos “acordos verbais” posto que, coma considerou, “a confianza é a base de todos os acordos”, dixo. Por último, considerou que todos os representantes de comercio levan no seu traballo “o lema vigués de ser fieis, leais e valorosos”.

 

A Asociación Sindical de Representantes de Comercio celebrou hoxe os actos pola festividade da súa patroa, cunha misa na honra da Virxe da Esperanza. A continuación depositaron un ramo de flores ante o monumento aos Viaxantes e Representantes de Comercio na rúa García Barbón en lembranza dos seus compañeiros falecidos e, por último, previamente ao acto de entrega de distincións, o ex reitor da Universidade de Vigo e Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, fixo unha semblanza da figura do representante de comercio.

 

O colectivo recoñeceu así o labor profesional coas Insignias de Prata a Antonio González, Roberto Pardo, Dolores Araujo, Eugenio Sumay, José Moralejo e José Pérez. Mentres, as Insignias de Ouro foron para Celso Fontáns, Servando Lopo e Luis Nieto.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: