A REFORMA DA RÚA SERVANDO RAMILO ESTARÁ REMATADA ANTES DE FINAIS DE ANO

Obra Servando Ramilo1O Porriño, luns 21 de decembro.- O concelleiro de Vías e Obras fixo unha visita á rúa Servando Ramilo, en pleno centro do Porriño, para inspeccionar as obras que se realizan na mesma. Manuel Carrera asegurou que a rúa estará rematada antes de finais de ano, logo dunha actuación “moi complicada” por mor do estreita que é e porque “ao tempo que estaba levantada había que seguir dando os servizos de subministro de auga, alumeado, ou sanemamento.”

Carrera, quen cualificou a obra como “moi complexa”, explicou que a mellora de Servando Ramilo abrangue novas canalizacións de pluviais, o soterramento dos servizos de cable, R, subministro de electricidade, ademais da reforma integral do saneamento e a totalidade das conducións de auga.

A rúa, que pode realizarse grazas ao Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM) da Deputación de Pontevedra, respectando a racionalización e sustentabilidade, estará rematada en pedra Rosa Porriño e Albeiro, conservando o estilo do conxunto do casco urbano do centro do concello porriñés.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: