A XUNTA DE GALICIA INSISTE NA COORDINACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS PARA ACADAR MELLORAS SOCIAIS QUE BENEFICIEN Á POBOACIÓN GALEGA

  • O conselleiro de Política Social e o alcalde de A Baña acordaron coordinar as súas accións para a segunda conferencia do proxecto ‘Europe for Citizens 2014-2020’ que terá lugar en Galicia (Santiago, Ourense e A Baña) entre o 12 e o 16 de xaneiro

    11,30 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 21/12/15

    11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    21/12/15

 

Santiago, 21 de decembro de 2015.- A Consellería de Política Social continúa avanzando na rolda de encontros cos rexedores dos municipios galegos para optimizar os recursos autonómicos e locais de cada concello na procura de melloras na atención e nos servizos sociais das que se vexan beneficiados os veciños de Galicia.

 

Nesta liña, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co alcalde de A Baña (A Coruña), José Andrés García Cardeso para acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades do concello coruñés. Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde estudaron novas vías de colaboración para mellorar os servizos orientados a todos os segmentos da poboación desde a infancia ata a terceira idade.

 

‘Europe for Citizens’

O Concello de A Baña forma parte do proxecto ‘Europe for Citizens 2014-2020’ que consta, entre outras actividades, da realización de cinco conferencias noutros tantos países de Europa. A primeira delas realizouse o pasado mes de outubro en Sicilia (Italia), a segunda terá lugar en Galicia entre o 12 e o 16 de xaneiro do vindeiro ano, a terceira en Malta, a cuarta en Riga e a quinta aínda está pendente de concretar. O conselleiro e o alcalde acordaron coordinar as súas accións para que o paso deste proxecto por Galicia (Santiago, Ourense e A Baña) sexa todo un éxito que contará coa participación de numerosos responsables políticos provenientes dunha quincena de países europeos.

 

Neste proxecto europeo participan os países de España, Italia, Hungría, Malta, Eslovaquia, Romanía, Estonia, Letonia, Chipre, Grecia, Bulgaria e Francia. A temática da iniciativa é a migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa. O proxecto anima aos cidadáns a reflexionar sobre Europa e a democracia, estimulando novas formas de participación cidadá. ‘Europe for Citizens’ é unha oportunidade para a comunicación, o intercambio de metodoloxías innovadoras e a interacción co fin de manter relacións de cooperación nunha perspectiva sostible.

 

Diversas asociacións e municipios de Galicia realizan proxectos e actividades xuvenís, así como encontros de traballadores e responsables en materia de xuventude con varias das entidades participantes neste proxecto. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fai de nexo entre os diferentes socios do proxecto con Galicia. O Concello da Baña, pola súa banda, participa en proxectos de xuventude en diferentes países de Europa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: