Concello de Vigo

 

O Pleno aproba por unanimidade a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Os votos a favor dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal deron luz verde á tramitación dun novo PXOM na sesión extraordinaria e urxente do Pleno celebrado este venres. O alcalde sinala que o goberno local rexistrou este luns día 14 de decembro a solicitude dos informes necesarios para iniciar a tramitación ante a Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.

 

O alcalde reclama indemnizacións a Europa pola anulación “indebida” do tax lease

O Tribunal da Unión Europea declarou legal o sistema de bonificacións empregado polo naval vigués, o chamado tax lease, revocando a anulación decretada pola Comisión Europea. Caballero esixiu a devolución do que costou esta “decisión indebida”, “estaleiro por estaleiro”, pois conlevou a paralización das empresas do sector durante “anos e anos”.

 

O Concello adicou 300.000 euros á realización de melloras de accesibilidade en 21 colexios

O alcalde deu conta esta mañá das obras de accesibilidade que o Concello acometeu este ano en 21 centros educativos da cidade. O goberno local tamén deu luz verde a unha subvención de 10.000 euros para a Coral Casablanca.

 


O rexedor destaca o labor do Centro de Inclusión e Emerxencia Social ao que o Concello destina 700.000 euros anuais

O Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) celebrou este venres unha xornada de portas abertas na que o rexedor compartiu comida cos usuarios do centro, ao que o Concello destina 700.000 euros anuais, e salientou a aposta do seu goberno por poñelo en funcionamento “en plena crise” para aquelas persoas que o precisan.

 


Caballero felicitou aos representantes de comercio “porque lle poñen alma e rostro á economía”

O alcalde de Vigo participou esta mañá na ofrenda floral que realizou a Asociación Sindical de Representantes de Comercio aos compañeiros falecidos. Durante o acto, Caballero transmitíulles o seu recoñecemento porque “lle poñen alma e rostro á economía”. Logo de agradecerlles a súa “dedicación e cercanía”, participou na entrega dos diplomas e insignias de prata e ouro, en recoñecemento a súa labor profesional.

 

Medidas de tráfico con motivo das carreiras populares

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das carreiras que se van celebrar os vindeiros días, de decembro de 2015 e xaneiro 2016, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:

 

Medidas de tráfico por obras

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno (23:00 a 05:00), do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A , estará pechado ao tráfico o túnel BEIRAMAR, dende o 21/12/2015 ás 23:00 horas até o 23/12/2015 ás 05:00 horas . 21/12 (lado terra), 22/12 (lado mar).

 

Personal

Comunícase a tódolos/as aspirantes ás probas selectivas para as seguintes prazas vacantes e incluídas na oferta de emprego público do ano 2010-2011 (segunda fase), que as datas de comezo do primeiro exercicio e os lugares de realización serán os seguintes:

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: