Archive | diciembre 22, 2015

500 obras recibidas de 85 países -Play – Doc

playdoc336-_tamaradelafuentePLAY-DOC PREPARA YA SU SELECCIÓN TRAS RECIBIR MÁS DE 500 OBRAS DE 85 PAÍSES La duodécima edición del consolidado festival tendrá lugar del 13 al 17 de abril próximos en Tui (Pontevedra) Tui, 22 de diciembre de 2015. Play-Doc Festival Internacional de Documentales ha cerrado la semana pasada su plazo para presentar obras. Han respondido a esta llamada más de 500 cineastas de 85 países de todo el mundo, especialmente de Europa y América en grandes números, y en menor medida propuestas de Asia, África y Oceanía. Play-Doc se caracteriza por contar en cada edición con una sección competitiva diversa, que integra títulos de varias procedencias y estilos, siempre en el ámbito del documental de autor más vanguardista y arriesgado. Play-Doc cumple ya 12 años, en los que ha sabido aunar su gran éxito de público con un importante reconocimiento nacional e internacional, lo que lo ha convertido en una de las citas obligadas dentro del panorama de festivales en toda España. Son habituales sus colaboraciones con otros importantes festivales como Sarajevo, Jihlava o Dokufest. Hace dos años la iniciativa Best Fest Film Series de Nueva York, que selecciona a los 10 certámenes más interesantes de cada temporada en todo el mundo, lo eligió por su gran trabajo en 2013. Además de contar con una cuidada selección de títulos de cada temporada, el certamen es conocido por traer a España a grandes leyendas del género documental, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Jay Rosenblatt o Lech Kowalski, que han sido los protagonistas de anteriores ediciones. Para 2016, el festival ya tiene un nombre en mente, que anunciará en enero. Se trata de un cineasta de prestigio, que contará además con una publicación bilingüe en inglés y español, editada por el festival; la primera monografía que se le dedica – incluso en inglés – a un artista que lleva acumulando elogios de importantes críticos y colegas realizadores desde finales de los 70. El resto de títulos que se integrarán en las diferentes categorías que conformarán la selección del festival para su edición de 2016 se irán dando a conocer en los próximos meses. Incertidumbre presupuestaria Sorprende que a pesar de su notable trayectoria, del gran respaldo popular y de ser considerado un gran referente de la cultura en Galicia, el festival siga conviviendo con una delicada situación presupuestaria que cada año pone en riesgo la realización del mismo. El festival tudense ya está trabajando en la búsqueda de financiación pública y privada así como la colaboración de otras entidades para llevar a cabo su ambicioso programa, pero de cara a esta nueva edición vuelven a ser muchas las incógnitas en cuanto a los apoyos institucionales se refiere y así, desde la organización manifiestan su seria preocupación por la falta de noticias por parte de, entre otros, la Xunta de Galicia o la Diputación de Pontevedra, con los que todavía no han conseguido reunirse. Más información en http://www.pl

Afundación e o Ballet Nacional Ruso presentan O lago dos cisnes en Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Ballet Nacional Ruso presentan O lago dos cisnes en Vigo e Pontevedra os próximos días 2 e 3 de xaneiro, ás 20.30 e 19.00 h., respectivamente. Nesta ocasión a recoñecida compañía dirixida por Evgeniya Bespalova estrea en Galicia, da man de Classic Stage, este epítome atemporal dos ballets clásicos que narra a historia de Odette, unha moza vítima do feitizo do terrible bruxo Von Rothbart, que a converte en cisne durante o día adoptando a forma humana durante a noite. Só unha declaración de amor verdadeira poderá liberala da maldición. Un conto de amor, traizón e triunfo do ben sobre o mal que continúa conquistando os seus espectadores. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

 

ABANCA e os empresarios turísticos de Sanxenxo impulsan o seu traballo estratéxico no sector

  • O acordo pon a disposición dos comerciantes e empresarios numerosas opcións de crédito, grazas a produtos propios e convenios con organismos públicos
  • Os asociados poderán eliminar as comisións nas súas contas, tarxetas e operacións máis habituais grazas ao programa Cero Comisións do banco
  • A entidade financeira aproveita a sinatura para organizar un encontro con empresarios e autónomos da comarca para explicar as condicións dos seus produtos
ABANCA e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) renovaron o seu convenio de colaboración. Un texto que a entidade financeira e a asociación sectorial consideran estratéxico pola aposta que supón a ampla oferta crediticia que inclúe.

A sinatura tivo lugar en Sanxenxo e contou coa presenza do presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Francisco González López, e da directora territorial de ABANCA en Pontevedra, María del Carmen Fernández Penas. As dúas entidades escenificaron ante varias decenas de empresarios e autónomos da comarca o seu compromiso cun dos destinos turísticos máis consolidados de Galicia.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén inclúe outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. Os asistentes tiveron a oportunidade de aclarar todas as dúbidas sobre estes produtos cos representantes de ABANCA asistentes.

A oferta de crédito complétase coas opcións que ofrece o convenio renovado recentemente coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Mellora da competitividade e eliminación de comisións

As dúas entidades tamén poñen en relevancia con este texto o desafío que supón a mellora da competitividade. Os autónomos e pemes asociados poderán ser clientes do novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo agrupa dende 2002 os intereses de máis de 120 profesionais da localidade pontevedresa, que exercen a súa actividade nun sector estratéxico para Galicia. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

A XUNTA DE GALICIA ACHEGA INFORMACIÓN A PRETO DE 500 ESTUDANTES A TRAVÉS DO PROGRAMA CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0

  • Os correspondentes son alumnos da ESO, Bacharelato ou ciclos medios e superiores que ofrecen datos de interese aos seus compañeiros

Santiago, 22 de decembro de 2015.- Un total de 476 mozos e mozas están a participar este curso no programa Correspondentes Xuvenís 3.0, promovido pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Esta iniciativa de educación non formal ten como principal obxectivo difundir información xuvenil entre os estudantes dos institutos de secundaria, fomentando así a súa participación, á vez que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais.

O programa Correspondentes xuvenís 3.0 está presente en 67 centros da Comunidade Galega, dos que 63 son institutos de secundaria, 3 residencias xuvenís (Lug, Florentino Cuevillas e Altamar) e o Centro Residencial Docente de Vigo. Dita iniciativa experimentou un aumento de participación con respecto aos datos do curso pasado, na que se implicaran 383 alumnos dun total de 62 centros educativos.

Os alumnos Correspondentes reciben información de xeito periódico, así como un boletín informativo semanal e outro material de interese que se elabora no Centro coordinador de información xuvenil, da dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Dita publicación, contén todos aqueles temas que poden ser de interese para os mozos e mozas como bolsas e axudas, ofertas de traballo, recursos e dirección de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.

Unha vez recollida a información, o Correspondente difunde a mesma entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais.

Os correspondentes son “mediadores” de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto quen o informa. Poden ser responsables todos e todas alumnas do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, se encargan de informar aos demais compañeiros.

Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuacións xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís.

 

MAÑÁ, PRESENTACIÓN DO LIBRO ALITERARTE EN DETRÁS DO MARCO

Mañá mércores 23 de decembro celebrarase na cafetería Detrás do Marco a presentación do libro aLiterArte, no que se fai un percorrido por varios murais da cidade de Vigo da mán de escritores que participan nos obradoiros de escrita creativa aLiteraclara. No devandito acto, que comezará ás 20.00 horas, estarán presentes o responsable da Editorial Elvira, Javier Romero; os autores dos textos e dos murais que aparecen no libro, responsables de Normalización Lingüística do Concello e a directora do obradoiro Clara do Roxo.

As trampas de Caballero para denegar o “cheque social”

Na última asemblea da ODS-Coia escoitabamos a varios compas que ficaban sen o publicitado “cheque social” após madrugar para facer colas, após entregar unha chea de documentación, após agardar meses… O venres 11 de decembro varias veciñas recibían notificacións nas que se lles indicaban os motivos da denegación. O luns 14 até cinco persoas viñeron ao punto coas denegacións na man na procura de solucións. Tras a decepción e a carraxe, chegaba o momento de artellar respostas colectivas e organizadas: denunciar publicamente esta convocatoria miserenta e recorrer as solicitudes denegadas. Na maioría dos casos estas viñan “por superar ingresos máximos”. Aquí temos unha das trampas que tentaremos explicar.

A bases da convocatoria de 2015 eran extremadamente restritivas no que aos ingresos máximos da unidade familiar se refire. Así, por exemplo, unha familia de 4 membros non podía superar os 450 €/mes, unha de 5 os 500 € ou unha de 6 os 550 €.

A maiores disto, as bases non especifican o período de tempo ou o momento no que se van computar eses ingresos máximos, nin se se vai facer unha prorrata ou unha valoración de ingresos medios… Parécenos que esta indefinición é totalmente deliberada e consciente, para poder “deixar fóra” das axudas a un bo número de familias: 1.200 solicitudes denegadas, de 3.000 presentadas.

Coas resolucións na man, tiñamos que o Concello realizou un exercicio “perverso” no que buscaron os momentos, os meses ou os periodos nos que as solicitantes superaron eses ingresos máximos permitidos. Atopámonos con familias que durante meses non chegaban a eses límites e que, porén, de xeito puntual si os superaron. E a axuda se lles denega en base a isto.

A maiores temos que engadir o atraso na resolución das axudas, que fixo que o Concello requirise de nova documentación económica ás solicitantes, de xeito que se ampliaron os meses para buscar e utilizar o momento concreto (incluso posterior á propia convocatoria) en que as familias tiveron máis ingresos.

Unha vez máis temos que aturar estas políticas miserentas, que á insuficiencia de contías temos que engadir o dano que fan na percepción social da pobreza. Dar esmolas condicionadas, insuficientes, tras meses de espera… está moi lonxe de garantir unha vida digna para todas. Semella que o interese reside en individualizar, e polo tanto, responsabilizar e someter, ás persoas que sofren infinidade de carencias e de problemas sociais, que teñen con este sistema que (des)organiza as nosas vidas.

Fronte a isto esiximos a repartición da riqueza de todas. Os mínimos para unha vida digna teñen que estar garantidos, é dicir: vivenda, alimentación, luz-auga-gas… Eles reparten esmolas e nós esiximos dereitos fortes, o que moitas chamamos Renda Básica das iguais e moitísimo máis.