A XUNTA DE GALICIA ACHEGA INFORMACIÓN A PRETO DE 500 ESTUDANTES A TRAVÉS DO PROGRAMA CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0

  • Os correspondentes son alumnos da ESO, Bacharelato ou ciclos medios e superiores que ofrecen datos de interese aos seus compañeiros

Santiago, 22 de decembro de 2015.- Un total de 476 mozos e mozas están a participar este curso no programa Correspondentes Xuvenís 3.0, promovido pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Esta iniciativa de educación non formal ten como principal obxectivo difundir información xuvenil entre os estudantes dos institutos de secundaria, fomentando así a súa participación, á vez que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais.

O programa Correspondentes xuvenís 3.0 está presente en 67 centros da Comunidade Galega, dos que 63 son institutos de secundaria, 3 residencias xuvenís (Lug, Florentino Cuevillas e Altamar) e o Centro Residencial Docente de Vigo. Dita iniciativa experimentou un aumento de participación con respecto aos datos do curso pasado, na que se implicaran 383 alumnos dun total de 62 centros educativos.

Os alumnos Correspondentes reciben información de xeito periódico, así como un boletín informativo semanal e outro material de interese que se elabora no Centro coordinador de información xuvenil, da dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Dita publicación, contén todos aqueles temas que poden ser de interese para os mozos e mozas como bolsas e axudas, ofertas de traballo, recursos e dirección de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.

Unha vez recollida a información, o Correspondente difunde a mesma entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais.

Os correspondentes son “mediadores” de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto quen o informa. Poden ser responsables todos e todas alumnas do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, se encargan de informar aos demais compañeiros.

Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuacións xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: