MAÑÁ, PRESENTACIÓN DO LIBRO ALITERARTE EN DETRÁS DO MARCO
Mañá mércores 23 de decembro celebrarase na cafetería Detrás do Marco a presentación do libro aLiterArte, no que se fai un percorrido por varios murais da cidade de Vigo da mán de escritores que participan nos obradoiros de escrita creativa aLiteraclara. No devandito acto, que comezará ás 20.00 horas, estarán presentes o responsable da Editorial Elvira, Javier Romero; os autores dos textos e dos murais que aparecen no libro, responsables de Normalización Lingüística do Concello e a directora do obradoiro Clara do Roxo.