Archive | diciembre 23, 2015

El Tribunal Constitucional desestima el recurso de inconstitucionalidad promovido contra el nuevo marco retributivo de renovables‏

  • El Tribunal Constitucional valida por tanto los principios del nuevo marco retributivo para las energías renovables, que han sido desarrollados por el Gobierno como parte de la reforma eléctrica.

 

  • El pronunciamiento del Tribunal Constitucional desestimando el recurso frente a la reforma de renovables, sentará probablemente el criterio en los sucesivos recursos en este ámbito, avalando así la reforma eléctrica llevada a cabo por el Gobierno en esta legislatura.

 

23.12.15. El Tribunal Constitucional ha desestimado el recurso de inconstitucionalidad interpuesto por el Gobierno de Murcia contra varias disposiciones del Real Decreto-ley 9/2013, de 12 de julio, por el que se adoptan medidas urgentes para garantizar la estabilidad financiera del sistema eléctrico.

Los preceptos impugnados del citado Real Decreto-ley establecen los principios generales sobre los que se basa el nuevo marco retributivo de las energías renovables, que se aplica desde julio de 2013, y la rentabilidad razonable para las instalaciones durante el primer periodo regulatorio

El Tribunal Constitucional valida por tanto los principios del nuevo marco retributivo para las energías renovables, que han sido desarrollados por el Gobierno como parte de la reforma eléctrica.

Por su parte algunos propietarios de instalaciones de renovables habían recurrido ante el Tribunal Supremo en contra de los mismos preceptos, alegando que podían vulnerar los límites de la retroactividad de las normas y los principios de seguridad jurídica y confianza legítima, solicitando al Supremo que planteara una cuestión de inconstitucionalidad.

El pronunciamiento del Tribunal Constitucional desestimando el recurso frente a la reforma de renovables, sentará probablemente el criterio en los sucesivos recursos en este ámbito, avalando así la reforma eléctrica llevada a cabo por el Gobierno en esta legislatura.

 

 

 

CHEGAN AO PORRIÑO OS BOLECHAS NA SUA MÁQUINA DO TEMPO

Os Bolechas chegarán ao Pavillón dos Deportes do Porriño na súa máquina do tempo o vindeiro sábado 26 de decembro ás 18 horas.  A nova actividade dos Bolechas mestura teatro e concurso, e o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais que dan vida aos “Bolechas adultos” e ao Dr Apolodoro.

cartel              porriño

Asemade do componente lúdico que prima nesta proposta, Os Bolechas na máquina do tempo permitirá achegar unhas primeiras nocións de Historia ás nenas e nenos  do Porriño. Para iso bótase man dun formato, o concurso, que permite a competición por equipos fomentando a colaboración e a comunicación ao tempo que se demostran os coñocementos do público  e dos propios Bolechas sobre cuestións da Historia.  Ainda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de educación infantil e primaria.

La Xunta de Galicia aprueba la fusión de las Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

El ente resultante, que tendrá su sede principal en Vigo, alcanza a 80.000 empresas en 55 ayuntamientos de la provincia

 

Vigo, 23/12/2015. El Consello de la Xunta aprobó esta mañana la fusión definitiva de las Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa. Se trata de una alianza pionera en España que permitirá sumar esfuerzos, aprovechar sinergias y recursos, impulsando así la dinamización económica de la provincia de Pontevedra.

 

La nueva institución que pasará a denominarse Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, se convierte  en un organismo más fuerte pasando a alcanzar 80.000 empresas de los 55 ayuntamientos que componen su demarcación.

 

Tras la publicación del Real Decreto que ratifica esta fusión, se procederá a la creación de un gobierno transitorio formado por miembros de las tres Cámaras fusionadas, que será el encargado de constituir  el nuevo Pleno, compuesto por un total de 60 vocales. Los miembros de este primer Pleno serán escogidos por los propios plenos de las cámaras preexistentes, entre los plenarios que manifiesten su voluntad de formar parte de la nueva Cámara y en un plazo de 15 días a partir de la publicación  del decreto de creación de la nueva Cámara en el Diario Oficial de Galicia. Posteriormente, este nuevo Pleno elegirá al Presidente y a los miembros del Comité Ejecutivo

 

El nuevo organismo, que tendrá su sede principal en Vigo, contará con puntos de atención al público las actuales oficinas de Vilagarcía de Arousa y Pontevedra, así como las antenas camerales de Gondomar y Salvaterra do Miño.

 

El presidente de la Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas, se mostró “muy satisfecho” tras conocer la noticia: “Para nosotros es un muy buen regalo, dadas las fechas en las que nos encontramos. La Xunta de Galicia ha cumplido su compromiso de hacer realidad esta fusión antes de finalizar el año, gesto que le agradezco profundamente al Presidente, Alberto Núñez Feijoo, y al Conselleiro de Economía, Francisco Conde. Ahora nos toca realizar un gran trabajo de integración entre las tres Cámaras fusionadas, un reto ilusionante con un único objetivo: mejorar y fomentar la prestación de servicios a nuestras empresas

O PLENO DO PORRIÑO APROBA PEDIR Á XUNTA A CESIÓN DAS RÚAS PROGRESO E BOS AIRES E A PARTIDA ORZAMENTARIA PARA A SÚA HUMANIZACIÓN

O Porriño, mércores 23 de decembro.- Lourdes Moure Varela, do Partido dos Socialistas foto plenode Galicia-PSOE, e Pedro Ocampo Cardalda, de EU-Son, tomaron posesión como novos concelleiros no Pleno da Corporación do Porriño na xuntanza extraordinaria deste martes, 22 de decembro. Lourdes Moure ven de substituír a Raúl Francés e Pedro Ocampo a Ricardo Canosa, que presentaron a súa dimisión o pasado mes de novembro.

O Pleno, dirixido por Manuel Carrera, como alcalde accidental, ante a ausencia da alcaldesa, Eva García de la Torre, a quen un proceso gripal non lle permitiu presidir a xuntanza da Corporación, deu o seu visto bo, entre outras cuestións, á aprobación inicial da Ordenanza reguladora das Tarxetas da Estacionamento para persoas con Diversidade  Funcional.

Nos vindeiros días a ordenanza sairá a exposición pública abrindo un prazo de alegacións nas que os grupos municipais, asociacións e cidadáns poderán facer as aportacións e alegacións que estimen oportunas. Algunhas delas xa foron anticipadas polos concelleiros no Pleno, entre outras a axilización da súa solicitude, a tramitación das tarxetas provisionais ou o prazo de vixencia, que a concelleira de Benestar, Soledad Girón, estivo dacordo en que debe ampliarse para “facilitar o seu uso efectivo”.

A Corporación tamén aprobou, solicitar ao Goberno de Galicia o traspaso da parte urbana da Estrada PO-329, que transita polas rúas Progreso e Bos Aires, coa finalidade de proceder ao arranxo e humanización da mesma, que abranguería non so o acantoamento en superficie- coa mellora de beirarrúas, pavimentación ou puntos de iluminación- senón o cambio das canalizacións de auga e do saneamento.

O proxecto requirira un investimento superior a 1,5 millóns de euros que o Pleno estivo dacordo en que fose asumido polo Goberno de Galicia, ben mediante a realización directa das obras, anterior á súa entrega á finalización das mesmas, ben mediante a transferencia ao Concello do Porriño coa súa correspondente partida orzamentaria.

 

 

 

 

POR MOR DUNHA REVISIÓN PARA COMPROBAR O SEU ESTADO, A PISCINA MUNICIPAL ESTARÁ PECHADA CINCO DÍAS

O Concello do Porriño informa da necesidade de realizar unha parada técnica que fará que non se poida usar a Piscina Municipal os días 26, 27,28, 29 e 30 de decembro.

A intervención nun dos vasos require o seu valeirado parcial o que implica que a zona de auga non se poderá utilizar debido á necesaria intervención dos obreiros e posterior secado antes de encher de novo o mesmo.

A sa de cardio e as saunas non estarán afectadas por esta revisión polo que os usuarios  poderán utilizalas no horario normal de apertura da piscina, agás os días festivos 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro, nos que, como é habitual, a instalación pecha.

Hai que lembrar que o pasado 1 de outubro a piscina reabriu as súas portas, logo das importantes obras acometidas polo goberno local para acabar coas gravísimas deficiencias ocasionadas pola falla de mantementos da mesma durante anos, o que facía necesario garantir a seguridade dos usuarios da mesma. Baixo os vasos da piscina se atoparon moitos puntos de filtración, entrada de auga e residuos con presenza de  estalactitas e estalagmitas, que apuntaba a que as filtracións tiñan moitos anos de antigüidade.

O goberno local aprobou un orzamento de 44.000 € para a impermeabilizar a piscina, levantando a plaqueta e renovando o morteiro que, a causa do seu mal estado e á necesidade da aplicación dunha capa reforzada contra a humidade, atrasou dúas semanas a reapertura da instalación.

 

I TORNEO DE NADAL DE FUTBOL SALA EN TORNEIROS

O Porriño, mércores 23 de decembro.- Baixo o lema “Somos do polígono” o Concello do Porriño, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, organiza o 1ª Torneo de Nadal de Futbol Sala de Torneiros nas categorías de Prebenxamín, Benxamín e Alevin.

O Torneo terá lugar o vindeiro sábado 26 de decembro de 10 a 14 horas no Pavillón Polideportivo CEIP Antonio Palacios (Torneiros). Participarán os equipos de Pontellas, San Salvador de Budiño,  Atios e Porriño Industrial. Nos actos de apertura e clausura esta prevista unha exhibición do Club Patín Porriño.

O Torneo de futbol sala forma parte do programa do Concello do Porriño para dinamizar o barrio de Torneiros.

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE COIA, POLO QUE ESTE ANO PASARON CASE 6.000 USUARIOS E USUARIAS

  • 23122015_DelegVigoCSCoiaIgnacio López-Chaves mantivo esta mañá un encontro coa súa directora para coñecer as actividades de lecer e tempo libre do curso 2015-2016 para as persoas maiores que comezaron hai uns meses no centro social

 

Vigo, 23 de decembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un encontro coa directora do Centro Sociocomunitario de Coia, Lucía Vilariño, para coñecer as actividades de lecer e tempo libre que un ano máis se están a levar a cabo nos Centros Sociocomunitarios dependentes da Consellería de Traballo e Benestar da cidade olívica e que forman parte do curso 2015-2016.

 

O centro Sociocomunitario de Coia é un dos centros sociais con maior número de usuarios e usuarias de Vigo e leva a cabo diversas actividades de lecer e tempo libre desenvolvendo así unha importante labor social para o día a día das persoas maiores. Púxose ao servizo da cidadanía no ano 1993 coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos usuarios mediante a promoción sociocultural das persoas e, a día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación.

 

Segundo os últimos datos, neste ano 2015 pasaron polo centro preto de 6.000 usuarios e usuarias que, nestes momentos, están a desenrolar obradoiros de taichi, ioga, ximnasia de mantemento, pilates e danzas do mundo, bolillos, informática, internet, aerobic, inglés ou francés, entre outros talleres. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 60 e 79 anos pero tamén hai usuarios con máis de 90 anos. Un dos obradoiros polos que destaca este centro social é a revista dixital que realizan un grupo de usuarios e usuarias voluntarios converténdose así en propios redactores e ofrecendo información das actividades do centro así coma outro tipo de informacións xerais.

 

O obxectivo final que busca a Xunta de Galicia a través das distintas actividades e servizos que se ofrecen nos Centros Sociocomunitarios é conseguir unha participación activa na comunidade dos cidadáns en xeral e das persoas maiores en particular, a prevención da dependencia e que as persoas maiores teñan un lugar para reunirse propiciando a integración social no grupo e que os usuarios e usuarias participen nas actividades e se relacionen activamente promovendo tamén actividades de voluntariado, ocio ou excursións.

 

Na cidade olívica, a Administración autonómica xestiona 6 centros sociais, ubicados en Vigo-centro (Pi y Margall), Calvario, Coia, Bouzas, Teis e Rivera Atienza, e polos que, ao ano, pasan máis de 13.000 usuarios e usuarias. Trátase de persoas maiores que acoden a diario a estes centros a realizar múltiples actividades de lecer e tempo libre, pero tamén actividades formativas e didácticas e, incluso, de benestar físico e mental.

 

Hai que destacar tamén que, pouco a pouco, estes centros sociais abren as súas instalacións a xente máis xoven e que, o número total de usuarios e usuarias que utilizan estas dependencias é maior xa que moitas das persoas que acoden aos centros o fan para utilizar a sala de lectura, a biblioteca, ou a cafetería, entre outros.

 

En total, a Consellería de Traballo e Benestar xestiona 17 Centros Sociocomunitarios en toda a provincia. Ademais dos 6 de Vigo, o resto atópanse en Cangas, Porriño, Baiona, Redondela, Pontevedra, Tui, Vilagarcía e Vilaxoán ademais da Casa do Mar de Cambados, Marín e A Estrada.

 

 

LÓPEZ-CHAVES ANUNCIA A CELEBRACIÓN DUN ACTO CONMEMORATIVO POLO X ANIVERSARIO DO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

  • 23122015_RdPDelegVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo e presidente do Consorcio informou hoxe en rolda de prensa que no mes de xaneiro se levarán a cabo diversas actividades para que “a cidade vexa” a rehabilitación feita nos últimos dez anos
  • López-Chaves fixo balance das actuacións realizadas ata a data ademais de explicar que en xaneiro comezarán novas obras en Ferrería 45-47 que darán lugar a 4 vivendas máis e outro local comercial
  • Na actualidade, son máis de 120 as persoas que xa residen nalgún dos 43 inmobles completamente rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo

 

Vigo, 23 de decembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa da celebración dun acto conmemorativo polo X Aniversario do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV).

 

O tamén presidente do Consorcio, lembrou que a constitución do organismo –na actualidade participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- fíxose efectiva no ano 2005 cando era alcaldesa da cidade, Corina Porro, e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, e que neste ano 2015 cúmprense dez anos polo que, no mes de xaneiro, levaranse a cabo diversas actividades para conmemorar esta data e para que, coma considerou López-Chaves, “Vigo vexa a rehabilitación de inmobles feita nestes últimos anos”. O delegado explicou que polo período electoral e a coincidencia coas festas de Nadal, a data elixida para celebrar esta conmemoración sexa no vindeiro mes de xaneiro. “Queremos que se vexa que temos un casco histórico rehabilitado”, dixo, valorando sobre todo o traballo feito na zona alta do barrio. “A rúa Ferrería é un bo exemplo do que se conseguiu”, matizou.

 

Neste senso, o delegado fixo un balance de todas as actuacións realizadas nestes dez anos sendo un “proceso complexo”  e informou tamén que no mes de xaneiro comezarán as obras da promoción de Ferrería 45-47, intervención da que sairán 4 vivendas e 1 local comercial. Ademais, explicou que nos primeiros meses de 2016 tamén comezarán os traballos en Ferrería 10-12 que nestes momentos se atopa en proceso de adxudicación ademais de avanzar en outros 4 proxectos máis relativos aos inmobles de Cruz Verde, 8; Ferrería, 8; Subida a Costa, 5 e Subida ao Castelo, 12. Todas estas actuacións nun total de 8 inmobles darán lugar a 13 vivendas e 3 locais comerciais máis.

 

Con todo, estes datos súmanse aos globais de actividade do CCVV que, coma lembrou López-Chaves, se traducen en 70 inmobles adquiridos dende a súa creación dos que 43 xa están completamente rehabilitados dando lugar a 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais. “Son unhas 120 persoas as que xa residen nos inmobles rehabilitados polo Consorcio”, explicou o presidente do CCVV quen animou a todos os cidadáns que desexen vivir na zona histórica que consulten a páxina web do organismo porque na actualidade están dispoñibles 7 pisos para adxudicar de xeito directo. Son: 1 piso en rúa Santiago, 19; 1 en rúa Canellón do Estreito, 12; 1 piso en San Sebastián 6; 3 pisos en Ferrería 3-5-7 e, por último, 1 piso en San Sebastián 24-26

 

O delegado especificou tamén que foron adquiridos 6 inmobles que nestes momentos están sen proxecto sendo un deles, por exemplo, o de Real, 27 para o que, no último Consello de Administración deuse o visto bo a un dereito de superficie a favor de Down Vigo para ubicarse neste edificio. Ademais, ao longo destes últimos anos, outros 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións. En concreto, 1 á Xunta de Galicia para o Servizo de Notificacións e Embargos (San Sebastián, 13); 4 para o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), 2 para o Concello de Vigo (Subida á Costa 4: espazo público, e Alta 18: Centro de Fotografía) e, por último, 3 para a Universidade de Vigo (Ribeira do Berbés 11-13-15) para a súa sede institucional e centro de linguas.

 

Por último, López-Chaves valorou moi positivamente o traballo feito nestes últimos dez anos garantindo que se vai a continuar coa labor do Consorcio xa que o traballo de rehabilitación na zona histórica se rexe polo Plan Especial  de Protección e Reforma Interior (Pepri). “Temos a vantaxe de non vernos afectados pola sentenza do Tribunal Supremo que anula o PXOM de 2008”, finalizou.

 

El Grupo Poético Brétema recita en el cierre de curso en el Centro Sociocomunitario del Calvario

VipTalisman397 VipTalisman399 VipTalisman400El pasado día 18 de diciembre el Grupo Poético Brétema, participó en el festival que como cada año organiza el Centro Sociocomunitario del Calvario antes de las fiestas navideñas.

El acto comenzó a las 18:30 horas y finalizo a las 21:00 horas, estuvo presente en este evento la Directora del Centro Doña Carmen Recondo.

En este festival participaron los siguientes poetas: Mariano Marcos de Abalo, Amante Romero Álvarez, Miguel Correa Nogueira, Candela Fernández Mouriño, Anselmo Prada León. Carmen Darriba Amoedo, Isaura lago Álvarez, Rafael Gómez Fariña y María Luisa López Castro que actuó como presentadora del acto.

Se recitaron poesías refiriéndose a las fechas que nos acompañan, poesías con cariz comino, así como el “Dúo no me calientes”, componentes del Grupo Brétema como Amante Romero Álvarez y María Luisa López Castro que interpretaron una pequeña obra de teatro en bis cómica que hizo las delicias del público asistente, que llenaba el salón de actos.

Además actuaron la coral “Parkinson canta”, el grupo musical “Os seis amigos”, el grupo de “Musicoterapia”, la coral “As Zocas” y la actuación estelar de la Orquesta de Saxos del Conservatorio de Redondela, que presentaron su nuevo disco.

Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

Miércoles 23/12/2015 – Sesión KARAOKE y MÚSICA A LA CARTA con Dj Lolo, a partir de las 23:30 h. Entrada libreCUARENTA40 DJUEVES24BOTZ
Jueves 24/12/2015 – Session especial NOCHE BUENA: con BOTZ & FLYDRUMS – en primera planta, a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Viernes 25/12/2015  – Sábado 26/12/2015 – Session especial NAVIDAD: Dj residente 100% comercial music – en primera planta, a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Domingo 27/12/2015 – PURE HOUSE MUSIC: SOUNDAYS con  LOLO The Sound & XOEL MUIÑOS con dj invitado , a partir de las 23:30 h. Entrada libre
FIN DE AÑO – CUARENTA “Entrada Finde año + b.libre + entrada de reyes + 1 copa” últimas entradas a la venta: Entrada doble (2 personas): 60€, Simple: 40€ – Taquilla: 50 €