CHEGAN AO PORRIÑO OS BOLECHAS NA SUA MÁQUINA DO TEMPO
Os Bolechas chegarán ao Pavillón dos Deportes do Porriño na súa máquina do tempo o vindeiro sábado 26 de decembro ás 18 horas. A nova actividade dos Bolechas mestura teatro e concurso, e o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais que dan vida aos “Bolechas adultos” e ao Dr Apolodoro.
Asemade do componente lúdico que prima nesta proposta, Os Bolechas na máquina do tempo permitirá achegar unhas primeiras nocións de Historia ás nenas e nenos do Porriño. Para iso bótase man dun formato, o concurso, que permite a competición por equipos fomentando a colaboración e a comunicación ao tempo que se demostran os coñocementos do público e dos propios Bolechas sobre cuestións da Historia. Ainda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de educación infantil e primaria.