POR MOR DUNHA REVISIÓN PARA COMPROBAR O SEU ESTADO, A PISCINA MUNICIPAL ESTARÁ PECHADA CINCO DÍAS

O Concello do Porriño informa da necesidade de realizar unha parada técnica que fará que non se poida usar a Piscina Municipal os días 26, 27,28, 29 e 30 de decembro.

A intervención nun dos vasos require o seu valeirado parcial o que implica que a zona de auga non se poderá utilizar debido á necesaria intervención dos obreiros e posterior secado antes de encher de novo o mesmo.

A sa de cardio e as saunas non estarán afectadas por esta revisión polo que os usuarios  poderán utilizalas no horario normal de apertura da piscina, agás os días festivos 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro, nos que, como é habitual, a instalación pecha.

Hai que lembrar que o pasado 1 de outubro a piscina reabriu as súas portas, logo das importantes obras acometidas polo goberno local para acabar coas gravísimas deficiencias ocasionadas pola falla de mantementos da mesma durante anos, o que facía necesario garantir a seguridade dos usuarios da mesma. Baixo os vasos da piscina se atoparon moitos puntos de filtración, entrada de auga e residuos con presenza de  estalactitas e estalagmitas, que apuntaba a que as filtracións tiñan moitos anos de antigüidade.

O goberno local aprobou un orzamento de 44.000 € para a impermeabilizar a piscina, levantando a plaqueta e renovando o morteiro que, a causa do seu mal estado e á necesidade da aplicación dunha capa reforzada contra a humidade, atrasou dúas semanas a reapertura da instalación.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: