A XUNTA DESTACA O PAPEL DOS BANCOS DE ALIMENTOS COMO CANALIZADORES DA SOLIDARIEDADE DOS GALEGOS E GALEGAS COAS FAMILIAS E PERSOAS QUE MÁIS O NECESITAN

  • Rey Varela destacou a actividade que desenvolven estas entidades sen ánimo de lucro, que “son exemplo de xestión e aproveitamento da colaboración solidaria e desinteresada dos cidadáns”
  • O titular da carteira social do Goberno autonómico anunciou un incremento do 10% no convenio coa Federación Galega de Bancos de Alimentos, ata alcanzar os 66.000 euros o vindeiro ano 2016

 

 

Ferrol, 28 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, valorou a actividade que levan a cabo os Bancos de Alimentos durante a visita que realizou esta mañá ao de Ferrol, indicando que “son exemplo de xestión e aproveitamento da colaboración solidaria e desinteresada dos cidadáns”. O titular da carteira social reuniuse con membros da xunta directiva desta delegación ferrolán do Banco de Alimentos Rías Altas –Balrial Ferrol-, e fixo entrega dun lote de produtos non perecedoiros de 20 quilos de peso.

 

Rey Varela manifestou que a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bancos de Alimentos comparten o obxectivo de “apoiar e asistir ás persoas e familias máis vulnerables ou en risco de exclusión social”. Así, dende a nave de Balrial Ferrol situada no polígono da Gándara distribúense alimentos a máis dunha trintena de entidades da comarca que se encargan de facelos chegar a quen os necesita. Neste sentido, o conselleiro anunciou un incremento do 10% no convenio de colaboración asinado coa federación autonómica de bancos de alimentos, cuxa contía chegará ata os 66.000 euros o vindeiro ano.

 

Ademais de agradecer as doazóns de produtos e a colaboración de diferentes organizacións e colectivos con Balrial, o responsable autonómico de Política Social quixo salientar de maneira especial “o esforzo anónimo e desinteresado que realizan os voluntarios e voluntarias que durante todo o ano, e tamén nestas datas de Nadal, dedican unhas horas das súas vidas a almacenar e preparar os lotes de produtos que logo se reparten dende este almacén a toda a comarca”.

 

Novo impulso social

Rey Varela sinalou as numerosas accións que se están a desenvolver dende o Goberno autonómico “nun novo impulso social para chegar á xente con menos recursos económicos e que máis precisa do noso apoio”. A esta finalidade obedece o incremento en máis dun 24% das partidas orzamentarias destinadas ao ámbito da Inclusión Social, que en 2016 traballará cun orzamento xeral de 86,5 millóns de euros coa vontade de que ninguén quede desprotexido e de que se teñan cubertas as necesidades básicas.

 

Así mesmo, esta maior marxe orzamentaria permite á Consellería de Política Social ampliar a orde de inclusión destinada ás entidades e aos concellos. A primeira pasa dos 3,9 millóns de euros actuais aos 7,3 reservados para 2016; e a segunda sube o vindeiro exercicio ata os 3,4 millóns de euros fronte aos 1,7 deste ano.

 

Outras medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para atender ás familias en exclusión ou risco de exclusión social pasa por aumentar en 5 millóns de euros máis con respecto a 2015 do crédito inicialmente consignado para a RISGA, que para 2016 é de 52,7 millóns de euros. E ademais, continúase dando forma ao Plan Social de Loita contra a Desigualdade Económica, para o que se reserva unha dotación orzamentaria de 10 millóns de euros, e que supera os 20 millóns no cómputo dos presupostos xerais de Galicia. Este plan contempla diferentes medidas como a ampliación do tícket eléctrico, novas axudas para a compra de material escolar ou de aluguer social, entre outras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: