O DOG PUBLICA HOXE O ANUNCIO POLO QUE SE INICIA O PROCESO EXPROPIATORIO PARA A EXECUCIÓN DO SEGUNDO TREITO DA AUTOVÍA DO MORRAZO

  • Os propietarios de terreos afectados polas obras están convocados para os vindeiros 19 e 20 de xaneiro na Casa do Concello de Moaña

    A Xunta de Galicia vén de licitar obras de conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira, por un valor de preto de 18 millóns de euros

  • Trátase dun tramo de 4 quilómetros, nos que ademais de duplicar a calzada actual, se remodelarán os enlaces e se ampliarán os dous pasos inferiores e o paso superiorclip_image002
  • Estes traballos darán continuidade ás obras xa iniciadas en outubro, entre Rande e Domaio, e que supoñen un investimento de preto de 20 millóns de euros
  • A Xunta cumpre deste xeito o seu compromiso de dotar a comarca do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día

 

Santiago, 28 de decembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se inicia o proceso expropiatorio para a execución do segundo treito da autovía do Morrazo. A resolución sinala a data para o levantamento das actas correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo, no tramo II.

 

A convocatoria, na que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, iniciarase  o 19 de xaneiro na Casa do Concello de Moaña, dende as 10 ata as 13.30 horas, e continuará o  día seguinte, 20 de xaneiro, no mesmo lugar e horario. Os titulares afectados deben acudir persoalmente ao acto ou delegar nunha persoa autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución.

 

A Xunta de Galicia publicaba recentemente no DOG a licitación das obras de conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira, por un valor de preto de 18 millóns de euros.

 

Trátase dun treito cunha lonxitude total de algo máis de 4 quilómetros. As obras proxectadas consisten na duplicación da calzada actual dende o PK 3+250 ata o 7+300, polas marxes esquerda e dereita, así como na remodelación dos enlaces de Domaio e Meira. Tamén se prevé o deseño dunha nova  área de servizo en Meira, a duplicación do viaduto da Mó e a ampliación de dous pasos inferiores e un superior.

 

Estas actuacións dan continuidade aos traballos xa iniciados no mes de outubro para a conversión en autovía do corredor do Morrazo, no primeiro treito entre o enlace de Rande e de Domaio. Este primeiro tramo supón a intervención ao longo de 3,2 quilómetros, cun prazo de execución de 24 meses, e cun investimento próximo aos 20 millóns de euros.

 

A conversión en autovía do Corredor do Morrazo é a infraestrutura viaria que absorbe o maior investimento nos Orzamentos da Xunta para 2016. Esta partida permitirá que estean en plena execución as obras do treito I, o inicio das obras do treito II e o avance no treito III.

 

A Xunta cumpre deste xeito o seu compromiso de dotar a comarca do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, unha cifra que chega ata os 20.000 moitos días de verán.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: