Luar na Lubre celebra en Afundación os seus trinta anos sobre os escenarios coa presentación de novo disco
O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro venres 8 de xaneiro ás 20.30 h o concerto presentación de Extra Mundi, o novo álbum de Luar na Lubre, co que a formación celebra os seus trinta anos sobre os escenarios. O traballo recolle, por primeira vez na carreira musical do grupo, cancións emblemáticas tradicionais de Cataluña, Asturias, Castela e León ou Euskadi, cantadas nos idiomas de orixe, ademais das súas propias composicións. As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.