O Teatro Afundación de Vigo acollerá en febreiro o musical Las Minas Puerto Flamenco
O Teatro Afundación de Vigo acollerá o sábado 20 de febreiro, ás 21.00 h, o musicalLas Minas Puerto Flamenco, que reúne nunha soa xira dez artistas flamencos, gañadores das últimas edicións do Festival del Cante de Las Minas de La Unión, nas modalidades de cante, guitarra, baile e percusión. As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500