A XUNTA CONXELA AS TARIFAS DAS PEAXES NAS AUTOESTRADAS A CORUÑA-CARBALLO (AG-55) E DO VAL MIÑOR (AG-57) E REDÚCEAS ATA UN 3% NALGÚNS TREITOS NO VINDEIRO ANO

  • As peaxes das autoestradas autonómicas non subirán por terceiro ano consecutivo, o que garante que a AG-55 e a AG-57 seguirán estando entre as máis baratas de España
  • O Consello da Xunta autorizou recentemente a habilitación dun crédito de 2,3 millóns de euros para renovar as bonificacións existentes ata o 2019
  • Estas axudas posibilitan rebaixar para os días hábiles un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta; e o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas, cando o usuario empregue a telepeaxe

 

Santiago, 30 de decembro de 2015.- A Xunta conxela as tarifas das peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e redúceas ata un 3% nalgúns treitos no vindeiro ano.

 

As peaxes das autoestradas  autonómicas non subirán por terceiro ano consecutivo, o que garante que a AG-55 e a AG-57 seguirán estando entre as autoestradas de peaxe máis baratas de España para os usuarios, con contías significativamente menores que as medias.

 

Os itinerarios existentes actualmente na AG-55 son: A Coruña-Arteixo, Arteixo-Paiosaco, Arteixo-Laracha, Arteixo-Carballo, Paiosaco-Laracha, Paiosaco-Carballo, Laracha-Carballo; e na AG-57: Puxeiros-Vincios, Puxeiros-Gondomar, Puxeiros-Nigrán, Puxeiros-A Ramallosa, Puxeiros-Baiona, Vincios-Gondomar, Vincios-Nigrán, Vincios-A Ramallosa, Vincios-Baiona, Nigrán-A Ramallosa, Nigrán-Baiona e A Ramallosa-Baiona.

 

Nos seguintes cadros amósase a comparativa dos importes das peaxes nestas vías nos anos 2015 e 2016, observando que o vindeiro exercicio non só non se incrementan, senón que nalgúns treitos redúcense.

 

PEAXES  AG-55

2015

        PEAXES AG55

2016

     
Itinerarios lixeiros Pesados I Pesados II   Itinerarios lixeiros Pesados I Pesados II
A Coruña-Arteixo 0,55 0,80 1,05   A Coruña-Arteixo 0,55 0,80 1,05
Arteixo-Paiosaco 0,70 1,05 1,45   Arteixo-Paiosaco 0,70 1,05 1,40
Arteixo-Laracha 1,20 1,80 2,40   Arteixo-Laracha 1,20 1,80 2,40
Arteixo-Carballo 1,95 2,90 3,85   Arteixo-Carballo 1,90 2,85 3,85
Paiosaco-Laracha 0,55 0,80 1,05   Paiosaco-Laracha 0,55 0,80 1,05
Paiosaco-Carballo 1,25 1,90 2,55   Paiosaco-Carballo 1,25 1,90 2,50
Laracha-Carballo 0,80 1,20 1,65   Laracha-Carballo 0,80 1,20 1,60

 

 

PEAXES AG57

2015

        PEAXES AG57

2016

     
Itinerarios lixeiros Pesados I Pesados II   Itinerarios lixeiros Pesados I Pesados II
Vigo-Vincios 0,35 0,55 0,70   Vigo-Vincios 0,35 0,55 0,70
Vigo-Gondomar 0,85 1,25 1,70   Vigo-Gondomar 0,85 1,25 1,65
Vigo-Nigrán 1,10 1,65 2,20   Vigo-Nigrán 1,10 1,65 2,20
Vigo-A Ramallosa 1,00 1,45 1,95   Vigo-A Ramallosa 0,95 1,45 1,95
Vigo-Baiona 1,65 2,45 3,25   Vigo-Baiona 1,60 2,45 3,25
A Ramallosa-Baiona 0,65 1,00 1,30   A Ramallosa-Baiona 0,65 0,95 1,30
Nigrán-Baiona 1,10 1,65 2,20   Nigrán-Baiona 1,10 1,65 2,20
Nigrán-A Ramallosa 0,35 0,50 0,70   Nigrán-A Ramallosa 0,35 0,50 0,70
Vincios-Gondomar 0,55 0,80 1,05   Vincios-Gondomar 0,50 0,80 1,05
Vincios-Nigrán 0,80 1,20 1,55   Vincios-Nigrán 0,80 1,15 1,55
Vincios-A Ramallosa 0,65 1,00 1,35   Vincios-A Ramallosa 0,65 1,00 1,30
Vincios-Baiona 1,30 2,00 2,65   Vincios-Baiona 1,30 1,95 2,60

 

 

Renovación de subvencións ata 2019

Cómpre lembrar que o Consello da Xunta autorizou recentemente a sinatura do acordo convenio de colaboración entre o Goberno galego e Autoestradas de Galicia S.A para renovar as subvencións das peaxes aos usuarios das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) ata o ano 2019.

 

O Consello da Xunta habilitara xa na xuntanza do día 12 de novembro un crédito de 2,3 millóns de euros a dar continuidade ás subvencións introducidas pola Administración galega en 2010 para os usuarios das autoestradas de titularidade autonómica.

 

En virtude deste convenio, a Xunta de Galicia destinará os seguintes importes para facer efectivas as correspondentes bonificacións entre o ano 2016 e o 2019:

 

ANUALIDADE IMPORTE
2016 520.000
2017 570.000
2018 610.000
2019 660.000

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas axudas posibilitan rebaixar para os días hábiles un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta; e o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas, cando o usuario empregue o dispositivo de telepeaxe. O importe desas bonificacións descóntaselle ao usuario e asúmeo a Xunta.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: