REY VARELA ASINA CON ABANCA O CONVENIO QUE INSTRUMENTALIZA A TARXETA BENVIDA PARA QUE AS FAMILIAS DOS NENOS QUE NAZAN A PARTIR DO 1 DE XANEIRO RECIBAN 100 EUROS AO MES PARA GASTOS BÁSICOS

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ un convenio de colaboraci—n co director de Banca institucional de Abanca, Santiago Novoa Garc’a, para a formalizaci—n da Tarxeta Benvida.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ un convenio de colaboraci—n co director de Banca institucional de Abanca, Santiago Novoa Garc’a, para a formalizaci—n da Tarxeta Benvida.

    O conselleiro de Política Social anunciou que a cartilla de vacinación infantil recollerá un folleto informativo sobre a Tarxeta Benvida así como sobre o Plan de Apoio á Natalidade

  • A Xunta traballa coa previsión de que o 85% das familias galegas reciban a Tarxeta Benvida
  • A Tarxeta Benvida cubrirá todos os gastos fundamentais que supón o nacemento dunha filla ou dun fillo como gastos de alimentación, gastos de hixiene e gastos en produtos farmacéuticos

 

Santiago, 30 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asinou na mañá de hoxe o convenio polo que se instrumentaliza a Tarxeta Benvida, dentro do Plan de Apoio á Natalidade (PAN). O acordo, asinado co director de Banca institucional de Abanca, Santiago Novoa García, permitirá que as familias dos nenos e nenas que nazan a partir do 1 de xaneiro de 2016, reciban 100 euros ao mes para costear parte dos gastos dos bebés nos seus primeiros momentos de vida. Esta axuda tamén está dirixida a aqueles pais e nais que adopten un neno ou unha nena menores dun ano. “Aspiramos a que Galicia sexa un lugar mellor para formar unha familia e, sobre todo, para ser neno ou nena. Queremos compensar o esforzo de moitos pais e nais dándolles máis apoio e facilidades; e pretendemos ser unha administración máis sensible ás necesidades das familias”, sinalou Rey Varela.

 

Nas súas verbas, o conselleiro de Política Social destacou a axilidade coa que se ten desenvolvido o proceso de preparación da tarxeta, e salientou que coincidindo coa sinatura do convenio con Abanca, o Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de hoxe a orde correspondente á Tarxeta Benvida, para que os pais poidan solicitar a axuda desde o mesmo 1 de xaneiro do ano que vén. “Hoxe demos o último paso para que a Tarxeta Benvida sexa unha realidade a partir do vindeiro 1 de xaneiro, cumprindo así co noso compromiso”, dixo Rey Varela. Así mesmo, apuntou que a Tarxeta Benvida “supón un avance social para apoiar ás familias e fomentar a natalidade”.

 

Rey Varela explicou que a Tarxeta Benvida forma parte dun paquete integral de medidas de apoio á familia e á infancia contidas no Programa de Apoio á Natalidade (PAN), entre as cales se contemplan: o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos/as, a prestación do pagamento único por fillos/as menores de 3 anos, o bono conciliación dirixido a garantir aos pais e nais prazas en escolas infantís para os seus nenos/as ou o bono coidador no rural, entre outras.”A Tarxeta Benvida non é o remate do Programa de Apoio á Natalidade de Galicia, é o principio dun gran programa que pretende que Galicia sexa o mellor lugar para ser neno ou nena”.

 

Beneficiar á maioría das familias

Como novidade, Rey Varela anunciou que a cartilla de vacinación infantil recollerá un folleto informativo sobre a Tarxeta Benvida así como sobre o Plan de Apoio á Natalidade. O obxectivo é que todos os pais e nais dos bebés galegos coñezan esta axuda directa á natalidade e poidan cumprir os pasos establecidos para a súa solicitude e posterior autorización. Deste xeito, a Xunta traballa coa previsión de que o 85% das familias galegas reciban a Tarxeta Benvida. Un total no que se atopan incluídas familias de todos os tipos xa que os límites de renda fixados facilita que se teña en conta, por exemplo, a familias monoparentais ou familias numerosas.

 

Con respecto a isto, o conselleiro de Política Social engadiu que o obxectivo do Goberno autonómico é que a Tarxeta Benvida chegue a 8 de cada 10 familias e que terá un financiamento plurianual de 18 millóns de euros. A este respecto apuntou que o importe total desta axuda supón o 10% dos recursos económicos que en 2016 a Consellería de Política Social destinará a este ámbito. Os pais e nais terán dous meses de prazo para solicitala Tarxeta Benvida e a Xunta deberá resolver as peticións que se formulen nun tempo máximo de tres meses, aínda que o titular autonómico de Política Social indicou a posibilidade de reducir estes prazos de tal xeito que as primeiras tarxetas chegarán aos seus beneficiarios en cuestión de semanas.

 

Participación de Abanca

Pola súa banda, o director de Banca institucional explicaba que o  papel de ABANCA vai estar centrado na produción e operatividade dos medios de pago necesarios para implementar o funcionamento da Tarxeta Benvida de acordo coas especificacións do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Nesta liña, Novoa García subliñaba que “o obxectivo da entidade galega é poñer a disposición dos seus beneficiarios a tecnoloxía necesaria para acceder e facer uso das vantaxes do programa de xeito cómodo e sinxelo”. E, ao fío, avanzou que ABANCA achegará ademais outro elemento de valor engadido: a súa rede de caixeiros, a máis extensa de Galicia con máis de 1.000 centros e os seus correspondentes dispositivos de servizo (servizos web, terminais punto de venta) , nos que en calquera momento os usuarios da Tarxeta Benvida poderán consultar o saldo do que dispoñen.

 

A Tarxeta Benvida cubrirá todos os gastos fundamentais que supón o nacemento dunha filla ou dun fillo como gastos de alimentación, gastos de hixiene e gastos en produtos farmacéuticos. A tarxeta poderá canxearse tanto en supermercados e tendas de alimentación como farmacias e parafarmacias.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: