A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS AUMENTOU MÁIS DE 8 PUNTOS NO ÚLTIMO ANO

  • Melloran as perspectivas das familias galegas sobre a situación financeira persoal e sobre a situación económica en Galicia
  • Ademais, o indicador que analiza as perspectivas sobre a evolución do desemprego mellora en 12,6 puntos respecto ao 4º trimestre de 2014
  • Segundo o IGE, a porcentaxe de fogares que chega con dificultades a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos

 

Santiago, 4 de xaneiro de 2016.- A confianza dos fogares galegos medrou no último ano 5,2 puntos debido ás mellores perspectivas da situación económica, da situación financeira persoal e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

 

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a evolución do desemprego e sobre as perspectivas de evolución da economía galega evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 12,6 e 8,2 puntos, respectivamente, respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

 

De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra nun punto con respecto ao cuarto trimestre de 2014, mentres que diminúe nun punto o indicador sobre a capacidade futura de aforro.

 

Situación dos fogares

O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Coxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.

 

Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos en comparación co mesmo período do ano 2014, e en 1,5 puntos en relación ao terceiro trimestre.

  ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2012/I -29,04 -13,69 -28,17 -33,05 -41,24
2012/II -32,93 -17,12 -32,44 -35,94 -46,20
2012/III -40,83 -23,00 -31,24 -51,17 -57,92
2012/IV -41,45 -26,18 -41,93 -46,28 -51,42
2013/I -43,26 -27,34 -40,12 -51,12 -54,46
2013/II -36,38 -19,68 -28,89 -47,19 -49,77
2013/III -28,07 -11,55 -25,06 -40,00 -35,65
2013/IV -29,80 -11,69 -32,74 -34,82 -39,95
2014/I -25,29 -14,48 -31,56 -28,05 -27,08
2014/II -15,90 -9,33 -22,59 -15,97 -15,73
2014/III -17,16 -13,40 -26,30 -15,32 -13,64
2014/IV -17,00 -5,45 -35,86 -10,03 -16,68
2015/I -9,94 -5,53 -32,32 -0,38 -1,52
2015/II -11,88 -3,17 -37,55 -3,58 -3,23
2015/III -8,69 -2,84 -32,90 1,76 -0,78
2015/IV -11,81 -4,44 -36,89 -1,87 -4,06

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: