A XUNTA LICITA POR CASE 650.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA EN TRES ESTRADAS AUTONÓMICAS NOS MUNICIPIOS DE VIGO E REDONDELA

  • O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá que solicitou colaboración ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para executar unha intervención maior no tramo que discorre entre Pereiró e o cruce de acceso a Matamá
  • As actuacións levaranse a cabo nas estradas de titularidade autonómica PO-250 (Redondela-Forzáns), PO-323 (Redondela-Vigo) e PO-330 (Vigo-Vincios)07012016_RdPDelegado (1)

 

Vigo, 07 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, anunciou esta mañá en rolda de prensa que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe mesmo a licitación das obras de mellora en tres estradas de titularidade autonómica nos termos municipais de Vigo e Redondela por case 650.000 euros.

 

Concretamente, e coma informou López-Chaves, trátase de realizar melloras de reforzamento do firme nos viais PO-250, PO-323 e PO-330. As obras contan cun prazo de execución de 6 meses.

 

Na PO-250, estrada que une Redondela con Forzáns, a actuación consiste nun reforzo do firme mediante fresado e reposición que se levará a cabo no tramo que se inicia na Vila dos Viaductos nos puntos comprendidos entre os quilómetros 0 e 2+100 (Travesía de Redondela). Esta obra supón un investimento de case 54.000 euros.

 

No que respecta á intervención na PO-323, entre o Concello de Redondela e Vigo, trátase dunha mellora da vía dende o Alto da Encarnación ata a cidade olívica. Supón unha actuación de reforzamento da capa de rodadura mediante fresado e reposición en 2,5 quilómetros de estrada que “moita xente utiliza para desprazarse ata Vigo”. Así, o investimento nesta intervención chegará case aos 157.000 euros sendo a partida que corresponde ao municipio vigués duns 76.000 euros.

 

Por último, no que se refire á PO-330, estrada Vigo-Vincios comezando no cemiterio de Pereiró, executarase un cambio total da capa de rodadura mediante fresado e  reposición. Coma especificou López-Chaves, neste caso realizarase o investimento máis forte nun tramo que “agora é unha vía urbana” ata o cruce co acceso á parroquia de Matamá e que “seguirá 4 quilómetros máis ata Vincios”. Investiranse preto de 439.000 euros.

 

Neste senso, o delegado explicou que, tras unha reunión que mantivo coa Asociación de Comerciantes de Pereiró (ACOPE) na Delegación da Xunta hai uns meses, solicitou colaboración ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para executar unha intervención maior en dito tramo por considerar que se trata dunha travesía que afecta a unha zona urbana preto do cemiterio de Pereiró. “De acordo a esa reunión, pretendíamos que dende a Xunta se fixese unha parte e o Concello executase a mellora de beiravías”, dixo López-Chaves. Sen embargo, non houbo contestación por parte do Concello de Vigo dende que o delegado remitiu un escrito o pasado 30 de novembro. “Buscabamos esa colaboración para mellorar ese tramo urbano pero o alcalde, unha vez máis, non atende as necesidades dos vigueses”, considerou.

 

Área Metropolitana

O delegado da Xunta aproveitou tamén a rolda de prensa para lembrar que o vindeiro 19 de xaneiro celebrarase a reunión convocada polo Vicepresidente da Xunta “para poñer en común e fixar as bases dunha posible modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo” cos 14 alcaldes que actualmente configuran dita Área.

 

Neste senso, remarcou dúas cuestións. A primeira, que a Xunta de Galicia convoca a todos os alcaldes e a todas as alcaldesas “calquera que sexa o seu signo político” porque “a Área vai máis alá de cores políticos”. Así amosou a diferenza de traballar da Xunta coa forma de actuar de Abel Caballero que “exclúe e discrimina” e para o que, segundo considerou, “a Área é un instrumento político”. E en segundo lugar, preguntouse se o alcalde de Vigo “vai asistir o non a reunión” porque para López-Chaves “os precedentes de Caballero amosan o seu desinterese”.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: