Concello de Vigo

 


O Concello adquire material técnico para combater a praga de avespa asiática

O alcalde coñeceu esta mañá o instrumental que adquiriu o Concello para que o persoal de desinfección e de bombeiros poidan actuar contra a avespa asiática sen riscos. Concretamente, adquiríronse dez traxes perfectamente dotados para que os profesionais continúen loitando contra unha praga que está a causar unha «verdadeira hecatombe medioambiental».

 

O goberno local activa o programa contra desafiuzamentos dotado con 802.000 euros

O alcalde informou este xoves pola mañá de que os servizos de Benestar Social municipais están atendendo a dúas familias en risco de sufrir un desafiuzamento e lembrou que dende primeiros de ano o Concello ten activado o Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social.

 

Caballero e Pastor manterán unha reunión en Madrid para abordar as estacións, o AVE e a reforma da Avenida de Madrid

O alcalde de Vigo, a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniranse o próximo luns día 11 en Madrid para abordar, entre outras cuestións, o encaixe urbanístico da estación de tren de Urzáiz, a estación intermodal, a conexión por Cerdedo e a remodelación da Avenida de Madrid. Caballero confía en que este encontro entre as tres administracións sirva «para desatascar estas cuestións».

 

O goberno retoma a humanización de Marqués de Valterra logo de rematar as catas arqueolóxicas

O Concello de Vigo retomará a humanización da rúa Marqués de Valterra unha vez realizadas as catas arqueolóxicas que atrasaron as obras. Tamén se adxudicaron os traballos de reparación do muro na traza do canal de Eiras e as obras do ensanche do estreito da Pividal, na Avenida Santa Marina. que tivo que ser interrompida pola necesidade de realizar catas arqueolóxicas

 


O Concello buscará fórmulas para premiar aos mellores expedientes académicos de ESO e Bacharelato

O alcalde recibiu esta mañá a cinco estudantes premiados polo seu alto rendemento académico, dos que catro recibiron o Premio Extraordinario de Galicia da ESO e a última, o Premio Extraordinario de Bacharelato. Ademais de felicitalos, Caballero avanzou a vontade do Concello de estudar «fórmulas para axudar e estimular desde o Concello a estes estudantes avantaxados».

 


O alcalde destaca a calidade dos equipos de fútbol vigueses

Abel Caballero entregou este martes os premios do Trofeo de Nadal Concello de Vigo que se disputou en Navia e no que participaron 1.800 nenos e nenas de 151 equipos aos que animou a seguir practicando deporte para manter o alto rendemento e calidade que caracteriza ao fútbol vigués.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: